COMPOSTELA .- Milleiros de persoas participaron en Santiago de Compostela nunha manifestación na que lle recordaron ao goberno da Xunta que en Galicia “falamos galego e temos dereitos”, reivindicaron o “dereito a vivirmos en galego” e rexeitaron a política lingüística do ” peor inimigo ” da lingua.
Os manifestantes partiron da Alameda e concluíron na praza da Quintana, que se quedou pequena, a donde so puido acceder unha parte dos participantes. Os manifestantes corearon lemas como “Queremos galego”, “Pola nosa lingua nin un paso atrás”, “Aprender en galego non é delito” y “Polo dereito de vivir en galego”. Desde A Mariña desprazáronse a Compostela centos de persoas.
En outros medios
Vieiros: Manifestación de Queremos galego ateigou este domingo Compostela. “A forza do noso amor non pode ser inútil. Viva Galiza e viva a lingua galega!”
A Nosa Terra: Unha manifestación plural e histórica a prol do galego ateiga Santiago.
TvG: Milleiros de persoas reivindican en Santiago o dereito a vivir en galego.
AGN: Miles de personas colapsan el centro de Compostela bajo el grito “na Galiza en galego” en defensa del idioma.
EFE: Miles de personas piden en Compostela un mayor fomento de la lengua gallega.
Europa Press: En Santiago de Compostela. Manifestación por “el derecho a vivir en gallego”.
Servimedia: Miles de personas se manifiestan en santiago en defensa del gallego
Xornal de Galicia: Queremos galego: éxito na rúa. O ministro Caamaño sumouse á multitudinaria manifestación a favor do galego.
La Voz de Galicia: Protesta en Santiago. Miles de personas se manifiestan en Santiago por el «dereito a vivir en galego».
El Correo Gallego: Queremos Galego. Miles de personas se manifiestan en Santiago de Compostela por “el derecho a vivir en gallego”.
Faro de Vigo: Manifestanción en Santiago. Decenas de miles de personas demostraron que ‘queren vivir en galego’. Miles de personas piden el derecho a “vivir en galego”.
La Región: Varias decenas de miles de personas se manifiestan en Santiago de Compostela por ‘el derecho a vivir en gallego’. La plataforma ‘Queremos galego’ reclama al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que ‘tome nota y escuche a la ciudadanía’.
El Pais: Miles de personas salen a las calles de Santiago en defensa del gallego. El PP critica la presencia del minsitro de Justicia, Francisco Caamaño, en la marcha convocada por la plataforma Queremos Galego.
Publico: Manifestación en Santiago en defensa del gallego. El PSOE acusa a Feijoo de ser “enemigo público” del gallego.
El Mundo: Convocadas por la plataforma ‘Queremos Galego’. Miles de personas reivindican en Santiago ‘el derecho a vivir en gallego’





















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



