Lugo, 9 de xaneiro de 2015.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este sábado no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela na presentación da Volta Ciclista a España 2016, coa que colabora o organismo provincial para promocionar a provincia. Dario Campos destacou que “é unha oportunidade económica para a nosa provincia, pois esta cita deportiva move a máis de 20.000 espectadores de media por etapa e congrega a máis de 1.400 xornalistas de todas as partes do mundo. Lugo ten moito que ensinar”.
A volta, que chega xa a súa 71 edición, atravesará de norte a sur a provincia lucense o 24 e 25 de agosto. Concretamente, o día 24 comezará a etapa número 5 no Concello de Viveiro e finalizará na cidade de Lugo. Posteriormente, o 25 arrancará de Monforte de Lemos a 6 etapa, que rematará en Luíntra e que atravesará a Ribeira Sacra.
A Volta Ciclista a España move a máis de 20.000 espectadores por etapa, concentrándose unhas 3.800 persoas nas cidades de chegada, e mostrará a provincia de Lugo a uns 190 países dos cinco continentes, é dicir, practicamente en todas as partes do planeta. Ademais, a cita estará cuberta por máis de 1.400 xornalistas de lugares como Alemaña, Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Camerún, Canadá, Colombia ou Costa Rica, entre moitos outros.
Tal e como indicaron os organizadores do evento, a repercusión online do evento é indiscutible, pois a páxina web oficial da Volta ten 3,7 millóns de visitantes únicos de todas as partes do mundo e conta tamén con máis de 165.000 seguidores en Facebook e 175.000 en Twitter, cifras que aumentan mes a mes, o que garante unha ampla difusión do evento e, polo tanto, da provincia de Lugo.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



