Foz, 13 de xaneiro de 2016.- Nos últimos tempos numerosos veciños e veciñas ,así como usuarios e usuarias, de distintos edificios e lugares públicos do Concello de Foz, puxéronse en contacto cos Concelleiros de FPF para transmitirnos diferentes deficiencias en edificios e lugares públicos de Foz.Deficiencias que xa lle foron expostas a distintos membros do grupo de goberno do PP, as cales despois de pasar un tempo considerable non tiveron a ben corrixir e reparar.
Estamos a denunciar deficiencias en distintos elementos de ximnasia colocados diante da piscina municipal, unhas están nun estado lamentable de abandono ó estar oxidadas en moitas das súas partes e outras xa directamente podreceron oufáltalles algún elemento para poder ser utilizados correctamente. Estamos a falar de aparatos de ximnasia moi utilizados sobre todo por persoas maiores que se acercan a esta zona a pasar distintos momentos do día.
Referímonos tamén ós bancos de madeira colocados na zoa do porto próxima á pista de skate e o parque de tráfico, zona dos pinos, bancos cunha falta de mantemento moi importante, que de seguir así, acabarán por non valer para reparar.
Por último denunciamos as numerosas deficiencias no edificio coñecido como Centro Social, un edificio nun estado de abandono total, no que fai tempo non se efectúa mantemento ningún, e dá pena velo.Problemas de pintura, problemas nalgún paso das escaleiras interiores, pasos de madeira que nalgún caso están case soltos, grandes problemas de humidades na estrutura do edificio, con penetración de auga polas ventás nalgunhas dependencias do Centro Social, e nos últimos días produciuse tamén un levantamento do chan de plaqueta nun local da última planta que se utiliza para distintas actividades o que fai que sexa moi perigoso para a integridade das persoas que utilicen esta dependencia.
Así mesmo veciños e veciñas de distintas rúas do noso Concello como son, Paco Mañón, ValleInclán, Concello de Barreiros e Concepción Arenal están sufrindo dende fai mais ou menos un mes numerosos problemas co alumeado público, e en momentos puntuais da noite,estas rúas encóntranse totalmente a escuras.
Pedímoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno que actúe o antes posible sobre estas deficiencias, e se deixen soamente de pensar en obras faraónicas xa que son totalmente compatibles unhas e máis as outras, pero dende “Foz,Plataforma de Futuro” pensamos que o primeiro son os problemas diarios dos nosos veciños e veciñas que seguen a ser moitísimos, problemas básicos do día a día que son fáciles de arranxar si se ten un pouquiño de vontade.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



