Santiago, 15 de xaneiro de 2016.- O portavoz de Conservación da Natureza do Grupo Popular, Santiago Freire, acusou este venres aos socialistas galegos de traer ao Parlamento propostas en relación cos danos ocasionados pola fauna salvaxe aos gandeiros e agricultores “que o Goberno galego xa está levando a cabo, incluso desde o ano 2008 cando foron aprobadas polo Goberno bipartito do que formaban parte”.
Santiago Freire manifestou que o actual Goberno galego “é totalmente consciente e sensible” coa problemática causada pola fauna salvaxe aos agricultores e gandeiros, polo que “a proliferación dalgunhas especies de fauna silvestre é un constante motivo de preocupación para a Consellería de Medio Ambiente”.
En concreto, e referíndose ao xabaril, indicou que “a solución non parece pasar polas axudas e pagos directos compensatorios para paliar os danos”, medida que se adoptou no período 2004-2010, no que se destinaron uns 1,6 millóns de euros ao pago destas axudas, pero que non conseguiu reducir o problema.
Esforzos en prevención
“Por este motivo, a Consellería de Medio Ambiente apostou por centrar os esforzos na prevención, evitando así que os danos cheguen a producirse”, sinalou Freire. Así, dixo que nos últimos anos tense incrementado notablemente a presión cinexética sobre esta especie, pasando dos 7.452 exemplares cazados na tempada 2007-2008 aos 12.908 na última tempada de caza. Ademais, foise incrementando o período hábil de caza do xabaril, incluso autorizando a súa caza por danos fóra do período hábil establecido.
O portavoz popular subliñou que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza “está actuando coordinada e directamente co sector agrogandeiro, levando a cabo reunións durante a tempada de caza, onde se definen as principais zonas de conflito e se acorda o establecemento dun protocolo de actuación para reducir os danos agrícolas producidos polo xabaril, as medidas a adoptar para a prevención dos danos, así como a coordinación entre os distintos sectores implicados para acadar unha pronta resposta ante a denuncia dos danos.
“O Goberno galego tamén está traballando na elaboración dun Plan técnico para a xestión do xabaril que inclúe, entre outras actuacións, unha revisión das estimas poboacionais e unha serie de medidas e actuacións para a un axeitado control desta especie”, explicou Santiago Freire. Para a correcta elaboración deste Plan, a Xunta organizou un grupo de traballo no que participan, ademais da Administración e expertos da Universidade de Vigo, representantes de todos os colectivos implicados, como sindicatos ou asociacións ecoloxistas.
Plan de xestión para o lobo
No caso dos danos ocasionados polo lobo, Santiago Freire lembrou que se trata dunha especie recoñecida como de interese comunitario. Porén, amosou a súa sorpresa pola iniciativa parlamentaria presentada polos socialistas galegos porque “veñen a emendarse a eles mesmos, xa que piden que a Xunta elabore un plan de xestión para o lobo que foi aprobado no ano 2008 polo Goberno bipartito do que formaban parte”.
Este plan establece que a Xunta compensará os danos ocasionados polo lobo á gandaría, premisa que se está a cumprir mediante a convocatoria dunha liña de axudas anual e cuxa tramitación segue un protocolo rigoroso que inclúe desde unha inspección no campo ata a valoración do dano a través dun órgano que é a comisión provincial de valoración.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



