Madrid, 21 de xaneiro de 2016. A Mariña presentou a súa oferta turística este xoves nun acto desenvolvido en Fitur. O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, apostou polo turismo slow nunha comarca chea de contrastes, que se poden atopar e gozar nos 16 concellos que a conforman: oito de costa e oito de interior.
Llano dixo que “tivemos aquí en Fitur a presentación da Mariña como destino turístico, da Mariña como parte global de todo un conxunto de concellos que formamos a Mancomunidade. Explicamos por qué razón pode ir a xente á nosa comarca. Defendemos o turismo sostible, o turismo natural, o turismo ecolóxico e o turismo non agobiante, sen masificacións. A Mariña como destino turístico vai ser cada vez más importante, porque ten moito que ofrecer: 8 concellos costeiros e 8 de interior, e no seu conxunto ofrecen unha variedade moi importante de atractivos”.
O presidente da Mancomunidade considera que “hai que defender o turismo de calidade. Falamos da riqueza gastronómica da nosa comarca, da calidade dos nosos produtos, tanto da pesca como dos procedentes da agricultura ecolóxica, que está a ser pioneira e moi importante na Mariña. Tamén falamos do turismo deportivo, do turismo familiar, do que se pode achegar á nosa comarca a gozar de rutas de sendeirismo, de artesanía ou da práctica dos deportes náuticos. Queremos que vexan a Mariña como algo natural, non sufrimos masificacións e temos moito que ofrecer. Somos terra de contrastes impresionantes”.
Para Alfredo Llano “o que importa é que vexan a vida tal e como é, que poidan ir a un porto e ver como atraca un barco, como se descarga o peixe, como se pesca, como se poxa, por exemplo. Defendemos a Mariña, máxica por natureza si, pero como algo único”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



