CADERNOS DA VIAXE. PP e PSOE, canda determinados voceiros radicados nunha visión centralista e dependente, sementaron con certo suceso o mito da Galicia subsidiada. Segundo esta tese vivimos da caridade do Estado e o que compre é pedir sempre solidariedade. O prezo por esa caridade sería non facer moito balbordo nin confiar nunha Galicia próspera dende a nosa iniciativa empresarial e civil.
Estes días a prensa galega denuncia o que xa manifestou a plataforma galeguista Somos Nós na pasada primavera., canda a precampaña das locais. Os concellos galegos reciben dos fondos estatais só o 3% (menos de 583 M€ sobre uns 17.600 M€), cando por poboación haberíamos recibir case outro tanto. Cando menos 500 M€ que nos substráe o Goberno central. Porque o lexislador español despreza o avellentamento e o espallamento da nosa poboación e só considera o número de habitantes de cada concello. Dándolle máis diñeiro porcentualmente ás cidades e pobos grandes, seguindo aquela máxima mesetaria: “cabalo grande ande ou non ande”. Solución: a de sempre, que nos dean o noso (é dicir uns 1100 M€/ano) e xa o repartirá o Poder Galego como acordemos. Algo de solidariedade viría ben, tendo en conta eses dous factores poboacionais que sofrimos. Pero no financiamento local até de agora somos nós os que lles achegamos aos outros.
Canto ao financiamento autonómico, o Orzamento da Xunta non acada os 9000 M€, mentres que a recadación fiscal da Axencia Tributaria estatal na Galicia no 2015 andará polos 12400 a 12500 M€. A diferenza non a valen os servizos que lle presta o Estado a Galicia, bastante residuais, fóra da cobertura do desemprego. Expertos universitarios fixaron o déficit fiscal do noso País no 2012 nuns 1460 M€. Se a estes cartos lles engadimos os máis de 500 M€ de déficit en financiamento local teríamos 2000 M€ máis ao ano Un 22% máis para o Orzamento da Xunta de cada ano. Máis de 750 €/ano por cada persoa residente en Galicia.
Sen contar con que pagamos máis cara a enerxía eléctrica, malia producir nós esa enerxía cun elevado custo ambiental. Porque sofrimos unha tarifa que beneficia aos territorios non produtores de gran consumo doméstico, como Madrid.
Cumpriría irmos botando abaixo o mito da Galicia subsidiada, comezando polo ámbito das pemes e profesionais, que serían dos máis interesados nunha Galicia autogobernada.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



