Burela, a 25 de xaneiro de 2016.- O portavoz do Grupo Municipal Popular burelés, José María González Barcia, e o concelleiro José Casas Martínez, reuníronse co Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, logo da visita oficial que o conselleiro fixo a Burela para comprobar cómo quedaron as obras de ampliación do IES “Perdouro” de cara á implantación da Formación Profesional Básica, e que supuxo un investimento de 360.000’00€ por parte da Xunta de Galicia.
Na reunión que mantiveron os dous concelleiros populares co Conselleiro, Barcia e Casas recoñeceron a importancia dos investimentos feitos pola Consellería de Educación en Burela no último ano e medio: cambio da cuberta do edificio do CEIP “Vista Alegre”, reparacións na cuberta nun dos edificios do CEIP “Virxe do Carme”, e a ampliación do IES “Perdouro”, a primeira que se fai nun centro educativo de Burela en quince anos. González Barcia lembrou que “cando estivemos no goberno municipal, xestionamos esta obra coa Xunta porque entendíamos que as demandas do IES ‘Perdouro’ eran acertadas”.
Durante a reunión, o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez e os dous concelleiros populares fixeron un repaso á situación dos centros de ensino bureleses e ás posibles necesidades dos mesmos. González Barcia manifestou que “nestes momentos, debemos traballar para cambiarlle a cuberta ó pavillón do CEIP ‘Virxe do Carme’, obra da que xa hai unha memoria valorada feita polo anterior goberno municipal do PP”.
González Barcia e Casas Martínez manifestáronlle a Román Rodríguez o seu agradecemento pola reunión, “xa que no PP, desde a oposición, vamos seguir traballando por Burela, e vamos seguir de cerca os procedementos daquelas actuacións que nós deixamos encamiñadas, máis ainda cando vemos que nin o alcalde nin os seus concelleiros se preocupan o máis mínimo polos problemas de Burela e moito menos polo ensino”.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



