Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2016.- A Mesa pola Normalización Lingüística dirixirase a todos os concellos de Galiza para que aproben mocións instando á Xunta a cumprir coa Carta Europa Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas en todos os ámbitos da súa competencia e que exixa ao goberno central a aplicación efectiva da Carta.
Por segunda vez desde a chegada de Núñez Feixó á presidencia da Xunta, o Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas, instou con toda a forza ao Goberno da Xunta e do Estado a disporen os medios para garantir o cumprimento da Carta en todos os aspectos e, dun xeito especial no ámbito do ensino, sinalando que os obxectivos do mal chamado Decreto de Plurilingüísmo entran en contradición e incumpren o contemplado na Carta.
A Carta Europea das Lingua Rexionais e Minorizadas é un tratado internacional, que o Estado Español ratificou en 2001 escollendo o máximo nivel de garantías e comprometéndose a cumprilo. “A comunidade internacional non entende como se pode asinar un tratado e despois incumprilo impunemente e gabarse de o facer”, sinalou o presidente da Mesa, para engadir que tanto o informe dos expertos como a recomendacións do Consello de Ministros evidencian con claridade que “o decreto contra o galego non ten ningún apoio nin dentro nin fóra de Galiza e está morto, por iso é imprescindíbel pórse a traballar nun novo, e derrogar os artigos do actual que contraveñen a lexislación internacional”.
A moción que a Mesa remitirá aos concellos para a súa aprobación nos plenos insta á Xunta a:
– Cumprir con todas as recomendacións do Consello de Ministros e do Comité de Expertos do Consello de Europa nos ámbitos da educación, xustiza, administración e servizos públicos, medios de comunicación, actividade e servizos culturais, vida económica e social e intercambios transfronteirizos e exixir do Estado Español a aplicación real dos seus compromisos en relación coa Carta, tal e como indica o Consello de Ministros.
– Tomar as medidas necesarias para eliminar as limitacións ao ensino en galego que sinalan os expertos no parágrafo 6401 do informe.
– Elaborar de maneira ampla e consensuada, un novo decreto para o uso do galego no ensino, que atenda aos principios de normalización lingüística, e acorde co sinalado na Carta Europea.
– Proceda, mentres se elabora o novo, a derrogar os artigos doa actual que poñen limites ao uso do galego.
Tal como indicou o presidente da entidade en defensa da lingua galega, “grande parte dos incumprimentos da Carta que a Mesa presentou no Relatorio que lle foi entregado ao Comité de expertos foron incluídos no informe. Con todo, Maceira mostrou a vergoña que senten na entidade en defensa do galego ao constatar que o goberno da Xunta é o máis agresivo do Estado en relación á súa lingua propia a pesar de que a sociedade galega mostrou sempre que quere a súa lingua e que está disposta a actuar para garantir os seus dereitos lingüísiticos, “por iso a Mesa se dirixe aos Concellos, e por iso entregaremos na sede do Consello de Europa en Estrasburgo as mocións que aproben”.
O texto completo do informe pódese consultar aquí: https://wcd.coe.int/ViewDoc.jsp?Ref=CM%282015%29147&Language=lanEnglish&Ver=original&BackColorInternet=C3C3C3&BackColorIntranet=EDB021&BackColorLogged=F5D383





















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



