NOTA DE PRENSA
Pese ás múltiples promesas para acelerar os pagamentos, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño aínda non os ten efectuados o que leva aos populares a pedir que a Xunta presente unha queixa formal diante do Executivo socialista central
A XUNTA CONFIRMA A PREGUNTAS DO PP QUE O GOBERNO CENTRAL ADEBEDA GRAN PARTE DOS PAGOS DAS AXUDAS A 4.500 MARIÑEIROS ACOLLIDOS AOS PAROS BIOLÓXICOS
* As demoras afectan a máis de medio millar de mariñeiros dos portos de Celeiro e Burela pese a que cumpren todos os requisitos para obter a axuda correspondente.
* Moitos armadores e mariñeiros están a verse obrigados a asumir as paradas durante este ano malia que aínda teñen pendente o cobro das axudas correspondentes ao 2008.
Santiago, 23 de outubro de 2009.- O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro Cadillo, confirmou a preguntas do voceiro do Mar do Grupo Parlamentairo Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, que o Goberno central adebeda gran parte dos pagos das axudas a 4.500 mariñeiros galegos acollidos aos paros biolóxicos, tanto nos plans de recuperación da pescada así como doutras especies capturadas polas flotas de NAFO, Gran Sol, arrastre de litoral e palangre de superficie.
Os ceses temporais de actividade son unha medida, imposta polo Goberno socialista de Zapatero que implica que estas flotas teñen que deixar de traballar unha media de dous meses ao ano. Malia isto, os paros son asumidos pola flota porque teñen a súa xustificación na sustentabilidade biolóxica das distintas especies. O problema está, no atraso da Administración central tanto á hora de aprobar as ordes que regulan as devanditas axudas –algunhas chegaron máis de 10 meses tarde- como á hora de efectuar os pagos correspondentes para compensar a perda de ingresos de armadores e mariñeiros durante o tempo que dura a parada. Esta situación está a xerar importantes críticas de distintas asociacións de armadores, sindicatos e dos propios mariñeiros, ante a pasividade e indiferenza do Goberno central.
Desde o PPdeG explican que incluso se están a dar circunstancias tan esperpénticas como que moitos mariñeiros se están a ver obrigados a facer a paradas durante este ano cando aínda teñen pendente o cobro das axudas correspondentes ao 2008
QUEIXA FORMAL
O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro interesouse por esta cuestión no Parlamento de Galicia, no seo da Comisión de Pesca e Marisqueo celebrada no día de hoxe e adiantou que a súa formación política pedirá á Xunta que efectúe unha queixa formal diante do Goberno socialista central, desde a administración autonómica si se actúa en apoio do colectivo afectado, dos armadores e mariñeiros galegos.
DANO MÚLTIPLE A ECONOMÍA DE MARIÑEIROS E ARMADORES
O voceiro popular lembrou que para os armadores o atraso nos pagos é un lastre máis para un sector moi prexudicado pola crise e para os mariñeiros supón unha perda considerable de ingresos durante o tempo no que dura a parada, o que afoga dun xeito evidente as súas economías familiares. Os múltiples danos e prexuízos que para todos eles provoca a actitude inaceptable do Goberno central non fai que os responsables do Executivo socialista modifiquen a súa posición, máis ao contrario están incluso aumentando a demora nos pagamentos, mediante fórmulas dilatorias inxustificadas: “Piden documentación e datos que xa están en moitos casos en poder da administración, ou que o propio Ministerio podería obter directamente consultado rexistros públicos da súa competencia”.
En contraste con todo isto, Balseiro valorou moi positivamente os esforzos de mediación ante o Goberno socialista que se están a efectuar desde a nova consellería do Mar. “A Xunta púxose ao fronte das reclamacións dos mariñeiros galegos para facer presión e que Madrid axilice os pagos”.


















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



