D.E.P. é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor!”. D.E.P. mostra unha situación ben recoñecible polo espectador: A PELEXA POLA HERDANZA. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso, a herdanza é dunha nai que aínda NON ESTÁ MORTA. ¿Quen non soubo de pelexas entre irmáns por este motivo? Como din os expertos: “Unha herdanza sen problemas non é herdanza, senón milagre”. Ou como dicían as nosas avoas: “A quen Deus non lle dá fillos, o demo dálle sobriños”. Malasombra achegará esta comedia ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado 13 de febreiro a partir das 20.30 horas con Jouse García, Xoque Carbajal e Patricia Rodríguez no elenco.
D.E.P. no Pastor Díaz
D.E.P. no Pastor Díaz
Relacionado
-
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores desprazarase a Ribadeo os días 13 e 14 de maio
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas