Ribadeo, 10 de febreiro de 2016. Desde este mércores 10 e ata o 23 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de monitor e director de actividades de tempo libre, que oferta a Concellaría de Mocidade.
O curso de monitor de actividades de tempo libre terá lugar os sábados e os domingos dos meses de marzo, abril e maio, na sala de xuntas do pavillón municipal, en horario de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Serán 200 horas de formación teórico-práctica e 150 de formación práctica. As prazas que se ofertan son 25, destinada a persoas maiores de idade, sendo necesario ter o título de EXB, ESO, FP ou equivalentes. O prezo por asistencia ao curso, que dará comezo o 5 de marzo, é de 170 euros.
O curso de director de actividades de tempo libre celebrarase tamén durante os meses de marzo, abril e maio na Casa da Xuventude. Será os sábados e os domingos en horario de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.
Serán 150 horas de formación teórico-práctica e 150 de formación práctica. As prazas que se ofertan son 25. Para poder matricularse neste curso requírese estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre, posuír polo menos un título de ensino secundario e acreditar unha experiencia de traballo como monitor no campo da educación/animación no tempo libre de, alomenos, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor. O prezo por asistencia será de 170 euros. Este curso dará comezo tamén o 5 de marzo.
O obxectivo, segundo explica a Concellaría de Mocidade, é “proporcionar aos participantes a titulación oficial de monitor/a e director/a de actividades de tempo libre expedida pola Xunta de Galicia e capacitalos para traballar en campamentos, ludotecas e empresas de tempo libre; e para a coordinación dun equipo de monitores e especialistas para a organización de actividades de animación socio-cultural e recreativas, xa sexan de tempo libre urbano ou de natureza”.
As persoas interesadas poden obter máis información na OMIX, sita na Casa da Xuventude ou chamando ao seguinte número de teléfono: 982 129 889.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



