CADERNOS DA VIAXE. Malia a presenza do alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, na nosa Galicia non tivo un grande impacto a presentación por parte do antigo ministro de Finanzas grego, Iannis Varoufakis da sùa proposia DIEM25 (“Por unha Europa democrática no 2025”).Unha proposta paneuropea, de estricta participación individual e que proclama a necesidade dun proceso constituínte europeo para garantirmos a transparencia e a democracia na Unión, diante da actual deriva oligárquica e errática que ameaza, segundo o grego con ·desfacer Europa e levarnos a unha situción semellante á do fascismo dos anos 30.”.
Falta a verdade quen ve extremismo nunha proposta común europea que bebe de fontes humanistas e democráticas. O propio Varoufakis non é un marxista. É un neokeynesiano de alicerces filosóficos e idelolóxicos semellantes aos dos Nobel de Economía Stiglitz e Krugman, que adhiren esta proposta. En realidade, esta súa chamada a unha acción global europea para salvarmos a idea da Unión e, quizais, a propia existencia da Europa democrática e humanista que coñecimos, debeu ser a chamada dos socialdemócratas e de boa parte dos liberal demócratas polo menos no 2007. Incríbel o despiste polìtico no que seguen instaladas estas dúas familias políticas europeas, pais canda a democracia cristiá do Welfare State que distinguiu o que ben podìamos chamar the european way of life.
Mais non só periga o Destado do Benestar na Europa, senòn a propia gobernanza democrática. Porque as forzas oligárquicas multinacionais, os axentes da economía financeira, os chamados mercados, aproveitaron moi ben as carencias institucionais da construción eriopea, cun Parlamento e unha Comisión moi limitados nas súas funcións unha clara preponderancia do Consello de Ministros, que representa aos Estados e dun Banco Central Europeo que só resposta perante Deus e a Historia. Os mercados gobernan na Europa polo seu déficit democrático. Velaí o acerto de Varoufakis ao definir o eixo do seu discurso. Por unha Europa democrática e transparente.
Velaí a grande novidade de Varoufakis; propór unha axenda europea compatíbel coa axenda de cadansúa nación(no noso caso Galicia) ou territorio e que nos obriga asumir que Europa é unha das nosas identidades e dos nosos referentes. Porque compre pensar e actuar tanto global como localmente.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



