Lugo, 26 de febreiro do 2016.- O Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, achegouse na tarde deste venres á Casa da Cultura do Valadouro para presentar o 4° Festival de Cine. Xunto a el participaron tamén o presidente do Seminario de Estudos do Valadouro, Pepe Peinó; o Concelleiro de Cultura do Valadouro, Eduardo Chao; e o Tenente de Alcalde de Alfoz, Xabier Pardiñas.
Este sábado 27 de febreiro o Festival arrincará ás 19.00 horas na Casa da Cultura de Ferreira coa proxección do filme galego “Crebinsky”, que conta no seu reparto, entre outros, con Miguel de Lira, Luis Tosar, Celso Bugallo, Yolanda Muíños ou Patricia de Lorenzo. E tamén se poderá ver “Formol 105”, unha curta de animación de 2015 ambientada nunha asfixiante funeraria do século XIX.
O 5 de marzo o Festival de Cine achegará a Alfoz á Casa da Cultura a partir das sete da tarde. “As San Lucas”, un documental de 2015 de Miguel García e Álvaro Liste que conta en qué consisten as festas das San Lucas de Mondoñedo. Pretende ser unha homenaxe a esa festa, que cumpre 860 anos neste 2016. E destinada ao público infantil, proxectarase “O pequeño mago”, unha cinta de 2012 que narra o asalto a un barco por parte duns piratas normandos.
Xa o 12 de marzo a Casa da Cultura de Ferreira acollerá a partir das 19:00 horas o pase de dúas cintas máis. “Eco”, un documental de 2015 con guión e dirección de Xacio Baño. E “A praia dos afogados”, un thriller de intriga de 2015 con Carmelo Gómez, Antonio Garrido, Tamar Novas, Celso Bugallo, Marta Larralde, Luís Zahera ou Carlos Blanco.
O 4º Festival de Cine rematará o 26 de marzo na Casa da Cultura de Alfoz ás 19.00 horas coa proxección de “A Esmorga”, unha drama de 2014 dirixido por Ignacio Vilar, baseada na obra de Blanco Amor. Na proxección estará presente o referido director.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



