Santiago, 3 de marzo de 2016.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves o inicio da tramitación do anteproxecto de Lei galega de protección e benestar dos animais de compañía, que equipara a nosa normativa ás doutras Comunidades e Estados europeos, implanta medidas no control do abandono dos animais e aposta pola educación da cidadanía no respecto e a protección aos animais.
O titular da Xunta destacou que un dos principais obxectivos desta nova Lei é loitar contra o maltrato animal, non só na súa na súa representación como violencia extrema, senón tamén noutras manifestacións, tales como someter ao animal a condicións hixiénicas e sanitarias cuestionables.
As características da nova lei
Nesa liña, o texto establece a prohibición expresa de determinadas mutilacións nos animais, coma o corte de orellas ou rabo, que se facía co fin de manter unha serie de características dun tipo de raza. Tamén se prohibe o emprego de calquera trebello destinado a impedir ou limitar a mobilidade dun animal que lle produza danos ou sufrimentos ou lle impida manter a súa posición normal.
Outro dos retos aos que se enfronta a lei, segundo engadiu, é o de paliar o abandono dos animais domésticos, e a lograr este obxectivo van destinadas varias medidas. Así, as asociacións de defensa e protección dos animais poderán ser declaradas entidades colaboradoras da Xunta e poder así subscribir convenios de colaboración para facer énfase na divulgación e na educación.
Ademais, introdúcese a obriga de identificación en todos os cans, mediante microchip, e a inscrición no Rexistro galego de identificación de animais de compañía, o que minorará o abandono, e crearanse os fogares de acollida cun réxime de acollemento temporal nos que se garanta o coidado e atención que precisen os animais.
No que atinxe aos animais potencialmente perigosos, o titular do Goberno galego apuntou que se concretarán as razas de can que teñen tal consideración, establécese a obriga da obtención previa da licenza municipal para poder ter un can desta categoría e deberase inscribilos no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
Por outra banda, como matizou Feijóo, a nova lei tamén establece un artigo sobre as aves de presa en catividade para as que será necesario obter unha autorización administrativa, á vez que deberán ser identificadas individualmente con microchip ou anela.
Como sinalou, esta lei foi comentada con distintos membros do Consello Xeral do Colexio de Veterinarios e, a partir de agora, someterase a información pública para as posibles alegacións que queiran facer os distintos colectivos.



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



