Burela, 3 de marzo de 2016.- O alcalde, Alfredo Llano, mantivo xuntanzas este xoves en Lugo con responsables de Portos de Galicia, de Costas e da Deputación para abordar cuestións de interese para o Concello.
O rexedor contou que “estiven en Portos de Galicia para facerlles unha petición para unha cuestión que nos parece moi importante, pois o barco museo está situado contra o muro do peirao e cremos que as deformacións que ten no casco son causadas por golpes que se dá contra o muro. Entón fómoslle pedir a instalación duns amortiguadores para colocar entre o muro e o barco e así evitar que se golpee. Hai uns de caucho moi ben preparados que son efectivos, pero só hai unha fábrica que os fai, que está en Bilbao, e ademais non son moi baratos, polo que imos intentar colocar tres. Van mirar a ver se é posible”. Llano dixo que “mentres non teñamos eses, que son os mellores que hai hoxe, imos poñer un rosario de pneumáticos para tratar de amortiguar os golpes do barco museo contra o muro do peirao como consecuencia das sacudidas do mar”.
Xa en Costas o alcalde burelés foi falar dunha serie de danos ocasionados polos temporais no paseo da Marosa e noutros puntos do litoral do municipio. Alfredo Llano explicou que “unha das obras que se vai acometer enseguida na Marosa, nunha zona onde caeu parte do muro, concretamente fronte ao campo de fútbol, vaise colocar un valado con material de aceiro inoxidable para que as ondas do mar non rompan alí senón que pasen sen bater e romper o muro. Hai que substituílo porque senón vemos que cada vez que se repara o muro cando ven un temporal algo forte volve tombalo. Tamén na Marosa hai unha escollera bastante grande, na que todos os anos hai que recolocar as pedras; e agora vaise facer enseguida de novo ese traballo para recolocar as pedras que se soltaron ademais de agrandar un pouco esa escollera. E tamén se van reparar en breve todos os danos que causaron os temporais no paseo, onde se romperon e se soltaron algunhas pedras. Ademais falamos da mellora de zonas recreativas, como no Cantiño, e tamén vamos seguir cun proxecto que temos para O Portelo, onde cremos necesario facer unhas instalacións con servizos sanitarios e un almacén para gardar o material dos socorristas e de salvamento”.
Finalmente o alcalde relatou que “na Deputación estiven para abordar a solicitude de obras, como a reposición e mellora de rúas. Tamén queremos que nos axuden nunha cuestión importante como é a xestión de residuos para o cálculo e a fórmula para mellorar a recollida de lixo en tódolos aspectos: tanto nos custes como nos métodos e nos materiais. Para iso pedimos que a Deputación nos faga un estudio”.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



