CADERNOS DA VIAXE. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a medio dunha sentenza profusa, confusa e difusa, ven de estimar parcialmente o recurso contencioso interposto por unha coñecida organización contraria á nosa lingua a respecto da Ordenanza Municipal sobre uso do galego no concello de Lugo, aprobada no 2012 por unanimidade (PP. PSOE e BNG). A sentenza non foi quen a interpretar a xeito os preceptos do noso Estatuto e das nosas Leis de normalización lingüística e de Administración Local de Galicia, creando un perigoso precedente para inviabilizar determinadas medidas de discriminación positiva a prol da nosa lingua, que é a propia do noso País e a que soporta unha moi minorizada posición, alicerzada tamèn por unha insuficiente protección legal.
O fallo anula as obrigas de uso do galego impostas aos concesionarios e contratistas, por considerar que non se pode vulnerar o dereito de opción lingüística dos cidadáns e emprtesas privadas. Esquece clamorosamente o TSXG un principio básico do Dereito Administrativo que distingue entre cidadáns en xeral e persoas suxeitas a unha relación de suxeición especial. Concesionarios e contratistas atópanse neste último suposto e, xa que logo, é perfectamente legal esixirlle un comprotamento lingüístico determinado. Como acertadamente afirma a recoñecida administrativista da USC, Alba Nogueira, deste xeito dase o paradoxo de que se recoñeza a externalización dos servizos públicos no ámbito local (blindada pola Lei de modernización dos gobernos locais aprobada polo PP) como fonte lexítima de discriminación dos nosos dereitos lingüísticos.
Mais o fallo xudicial vulnera a protección legal da nosa lingua noutros importantes aspectos, ao prohibir a sinalización monolingüe en galego ou o uso preferente da lingua tanto na atención ao cidadán como na formación específica do persoal. Para máis anula o concepto “ámbito lingüístico”, descoñecendo que en Galicia o galego é lingua plenamente oficial e subordinando de feito a nosa lingua a unha posición preeminente do castelán en todo o Estado, que non atoparía cumprida excepción no noso territorio.
Mentres o TSXG acertou claramente ao eximir no IRPF do transmitente os pactos sucesorios subscritos en vida do mesmo, na cuestión lingüística ven de se trabucar gravemente.

















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



