Rita González Sestelo.- Co gallo da celebración do Día da Muller, a Federación Galega de Confrarías quere render unha homenaxe ás mulleres do mar dos nosos días, as mulleres do 2016 que traballan en ou para o mar e que están a loitar porque o futuro das próximas xeracións continúe a ser, na nosa comunidade, un futuro vencellado ao mar.
No sector pesqueiro artesanal contamos con máis dun 25% de directivas que reparten o seu labor representativo e de responsabilidade co seu labor profesional e persoal. Son máis ca nunca nos órganos de representación e, se pode augurar, que a tendencia é á alza.
A muller, en todos os ámbitos, é cada vez máis participativa e amosa inquietudes fóra do entorno familiar que fan que sexamos quen de asumir postos de representación nun mundo atribuído socialmente aos homes como é a pesca.
As confrarías, sobre todo as que posúen plans de explotación de marisqueo a pé onde a maioría dos profesionais son mulleres, sempre foron un exemplo organizativo interno grazas á loita que elas mesmas levaron adiante.
Hoxe fálase de elaboración de plans de xestión onde se regula a extracción, o control e a venda a través das distintas artes ou pesquerías pero as mulleres mariscadoras en Galicia veñen levando adiante estas actuacións dende hai mais de vinte anos a través da elaboración e xestión dos plans de explotación nas súas propias confrarías. Para elas non son novos termos como cupos diarios, semanais, organización interna, control das vendas, paradas biolóxicas… O marisqueo, as mariscadoras, levan anos tendo en conta o recurso e, sobre todo, tendo en conta o interese futuro da profesión e son un exemplo de responsabilidade profesional.
Ademais as mulleres do mar tamén son armadoras, mariñeiras, redeiras, peixeiras, traballadoras das lonxas e das confrarías, científicas, docentes, biólogas… en definitiva, expertas que cada día traballamos e amamos a mar.
Todos os días semellan iguais mais este 8 de marzo o queremos celebrar deste xeito especial, lembrándolle á sociedade que o mar tamén ten mulleres.
Continuemos construíndo este fermoso sector e promovendo a actividade pesqueira e marisqueira responsable e sustentable entre todas.
Velaí vai este recoñecemento a todas e este desexo de mellor futuro cara o mar, por nós e polos nosos.
Rita González Sestelo
Técnico da Federación Galega de Confrarías

















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



