Lugo, 12 de marzo de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, destinará 300.000 euros á promoción das festas de interese turístico da Comunidade a través dunha liña de axudas á que poderán optar 21 concellos da provincia de Lugo que organizan celebracións deste tipo.
A Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, subliñou que “o prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro 26 de marzo e tamén poderá beneficiarse a recentemente recoñecida Festa do Queixo do Cebreiro, que se celebra no Concello de Pedrafita do Cebreiro”.
Arias sinalou que, tras este último recoñecemento, “serán 27 as celebracións da provincia de Lugo que estarán en disposición de optar ás subvencións, co obxectivo de sufragar parcialmente os investimentos directamente vinculados ao apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia”.
As actuacións subvencionables poderán acadar un máximo de axuda de 3.000 euros, sempre que os gastos sexan iguais ou superiores a este importe. No caso de que os gastos non acaden esa contía, a axuda será como máximo o importe destes. Unicamente se subvencionará un evento por concello solicitante.
Non poderán ser obxecto de subvención as celebracións, que ademais da declaración de interese turístico autonómico, conten coa declaración de festa de interese nacional ou internacional.
Na provincia de Lugo son festas declaradas de Interese Turístico Autonómico a Festa da Pescada do Pincho de Celeiro, a Romaría do Naseiro e a Rapa das Bestas, en Viveiro; as Festas Patronais de San Lourenzo, en Foz; as San Lucas, en Mondoñedo; a Xira de Santa Cruz, en Ribadeo; a Feira do Bonito de Burela; a Feira da Troita da Pontenova; a Feira do Viño de Amandi, en Sober; a Festa da Faba de Lourenzá; a Festa da Maruxaina de San Cibrao, a Festa do Ourizo e a Queimada Popular, en Cervo; o Folión de Carros, en Chantada; a Festa da Malla de Meira; o Festival Internacional do Emigrante, en Barreiros; a Festa da Filloa de Muimenta, en Cospeito; as Fachas de Castelo, en Taboada; o Festival de Pardiñas, en Guitiriz; o Filandón de Músicas e a Festa da Castaña, en Folgoso do Courel; a Mostra do Aceite de Quiroga; o Belén Electrónico de Begonte; a Feira dos Santos, en Monterroso; e o Arde Lucus e a Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, en Lugo.
Convenio con Abanca
Neste ámbito, Turismo de Galicia tamén asinou un convenio de colaboración coa entidade financeira Abanca para o apoio é promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico na Comunidade galega.
Así, segundo este acordo, Abanca comprométese a contribuír ao desenvolvemento das festas de interese turístico mediante a realización dunha achega económica en concepto de colaboración ás entidades públicas ou privadas promotoras das festas.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



