Mondoñedo, 12de marzo de 2016.- O Centro Comarcal de Mondoñedo acolleu este sábado, ás 19:00 horas, a presentación do programa da Semana Santa 2016, organizada pola Venerable Orde Terceira, e coa que colabora o Concello de Mondoñedo ademais doutras entidades como Protección Civil, ACIAM, Viveiros Cabaleiros ou Autos Morán. Unha Semana Santa singular e moi antiga que dende o Concello queren poñer en valor e traballar para a súa declaración de Interese Turístico Galego.
Durante o acto de presentación tamén se inaugurou unha exposición de carteis e fotografías sobre a Semana Santa de Mondoñedo, organizada polo Concello. Distribuíuse en 21 paneis, a través dos que se mostran os carteis da Semana Santa ao longo dos últimos anos; fotografías antigas de procesións dende 1930 e 1940; imaxes coa participación de xente nas procesións e fotografías individualizadas a través das que se evidencia a beleza dos distintos pasos.
As procesións de Mondoñedo destacan, sobre todo, pola súa antigüidade, con pezas como unha Cruz do século XII e mesmo tallas do século XVII e XVIII. Ademais, caracterízanse por seren procesións moi participativas e recollidas, a diferenza doutras celebracións nas que son numerosos os asistentes que se acercan a velas pero menor o número de persoas que forman parte da procesión. A Semana Santa de Mondoñedo ofrece outras singularidades de gran beleza como é a celebración do ViaCrucis cara o Mosteiro dos Picos.
Neste senso, a alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia, destaca que dende o Concello “queremos poñela en valor “ e traballar no seu impulso coa súa declaración de Interese Turístico Galego.
Programa
A Venerable Orde Terceira presentou o programa que comezará o sábado 19 de marzo, coa lectura do pregón, ás 21:00 horas, na Casa da Xuventude e que pronunciará o M. Il. Sr. D. José María Díaz Fernández, deán emérito da Catedral de Santiago. Celebrarase ademais un concerto do Orfeón Mestre Pacheco.
En canto aos actos litúrxicos:
O Domingo de Ramos, ás 11:30 horas iniciarase a procesión na Igrexa de Santiago ata a Catedral, onde se celebrará a Misa da Pasión do Señor e a Bendición de Ramos. As 19:30 é a Procesión do Ecce Homo, que sae da Igrexa da Venerable Orde Terceira, coa participación de imaxes portadas por nenos que saen do Convento da Inmaculada Concepción.
O Martes Santo, a Misa Crismal (Día do Sacerdocio e da bendición dos Santos Óleos), será ás 12:00 horas, na Catedral, e presidida polo Excmo. Sr. D. Alfonso Carrasco Rouco, Obispo de Lugo.
O Mércores Santo, ás 19:00 horas, celebrase o ViaCrucis cara o Mosteiro dos Picos.
O Xoves Santo, ás 17:00 horas, misa da Cena do Señor na Catedral, e ás 21:00 horas, é a Procesión do Prendimiento. Os pasos desta procesión saen da Igrexa dos Muíños ata a Igrexa da Orde Terceira. Ás 23:00 horas é o acto de Adoración Eucarística.
O Venres Santo, ás 10:30 horas, é a procesión do Santo Encontro, que sae da Igrexa da Orde Terceira e celébrase na zona da Fonte Vella, con tallas do século XVII e XVIII. Ás 12:00 horas, ViaCrucis no claustro da Catedral. As 17:00 horas, misa da Celebración da Pasión do Señor, presidida por D. Antonio Rodríguez Basanta, Administrador Diocesano. Ás 18:00 horas, celebrase a Procesión do Santo Enterro, procesión dos homes, que sae da Catedral, e na que participan a urna co Cristo Yacente ou a Cruz do S. XII, mentres que ás 21:00 horas, é a Procesión da Soedade, que tamén sae da Catedral, na que soamente participan mulleres, e durante a cal se pode escoitar o Plorans do Mestre Pacheco, que soamente se pode executar en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid.
O Sábado Santo, ás 23:00 horas, é a Vixilia Pascual coa bendición do fogo e procesión co Cirio Pascual na Catedral, ademais do canto do Pregón Pascual, Bendición da Auga e celebración da Eucaristía.
O Domingo de Pascua, ás 12:00 horas, é a misa de Resurrección na Catedral.
Manuel Araújo
Por outra banda, ás 20:00 horas, no Auditorio Pascual Veiga, dará comezo a homenaxe ao músico Manuel Araújo, polo 25 aniversario do seu pasamento.
O programa inclúe unha exposición fotográfica sobre Manuel Araújo, co material cedido por Toño da Tasca e o cronista oficial de Mondoñedo, Antón Reigosa, fará unha breve reseña bibliográfica do músico mindoniense.
Os asistentes tamén poderán desfrutar dun recital de poesías da man de Belén Ramos e ArcadioMon, dun concerto musical coa participación de Silvia Campos, ArcadioMon, Sito Sedes e José Manuel ‘Malelo’ e da representación teatral dunha obra escrita polo mindoniense e interpretada por Paco Piñeiro e María Paz Rodríguez. O Concello faralleentrega á familia de Araújo dunha placa conmemorativa.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



