O Valadouro, 16 de marzo de 2016.- O presidente e voceiro municipal do Grupo Popular, Jose Manuel Lamela, explicou que a súa formación política votou en contra dos orzamentos municipais ao entender que son “negativos para O Valadouro”.
As contas deseñadas polo bipartito presentan “relevantes carencias e incongruencias” ademais de poñer en evidencia que socialistas e nacionalistas “non teñen un proxecto claro para este concello, afondando na parálise que caracteriza ao equipo de goberno”.
O SANEAMENTO DO RURAL ESQUECIDO
Os populares censuran, entre outras, a falta de investimentos no saneamento das zonas rurais, que antes constituía o destino preferente dos recursos económicos que o Concello recibe da Xunta polo Fondo de Compensación Ambiental.
“Feitas as obras na parroquia de Moucide, que é onde reside o alcalde, xa non hai previstas novas inversións, como si o resto do municipio non precisase tamén da rede de saneamento”-dixo Lamela.
O portavoz popular explicou que os orzamentos prevén destinar os 135.000 euros do fondo da Xunta para a construción dunha nave de agricultura ecolóxica, un obxectivo mal planificado “porque busca substituír dous invernadoiros adquiridos recentemente e que supuxeron un gran esforzo económico, sen ser capaces de explicar o uso que se lles vai a dar unha vez que se constrúa a nova nave”.
PROTECTORA DE ANIMAIS E DEPORTE BASE
Os populares tampouco entenden como é posible que os orzamentos deseñados polo bipartito tan só inclúan unha partida de 1.000 euros en apoio da futura protectora de animais. Trátase dunha achega “claramente insuficiente” se a comparamos con outras, como a de 2.000 euros e a cesión de instalacións, prevista para a asociación de tiro con arco.
Lamela tamén considera que a Alcaldía e o grupo de goberno mantén descoidado o seu apoio ao deporte base, ausente nas contas que deseñaron desde o bipartito. “Hai 9.000 euros para o equipo de fútbol, que hoxe non ten ningún xogador do concello e que non dispón das seccións de infantil e xuvenil. Precisamente a subvención debería dirixirse para ir creando canteira e que os rapaces do municipio foran incorporándose a esta actividade” Desde o PP apuntan a necesidade dun maior apoio municipal ás iniciativas deportivas da que poidan disfrutar directamente os veciños, mozos e maiores.
POLÍGONO INDUSTRIAL
Finalmente os populares cuestionan o “espellismo” de incorporar nas contas municipais unha partida de 85.000 euros para o polígono industrial cando a propia sociedade urbanística da Deputación de Lugo -SUPLUSA- non inclúe nos seus presupostos de 2016 ningunha partida para executar esta infraestrutura en O Valadouro, pese as promesas reiteradas que fixo o Alcalde neste sentido.


















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



