Santiago, 16 de marzo de 2016.- O Grupo Popular apoiou este mércores no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita ao Ministerio de Facenda unha moratoria no procedemento de revisión catastral para que non se desenvolva sen ter suficientemente valoradas as peculiaridades e a idiosincrasia dos concellos de Galicia. En concreto, e a iniciativa do PP, solicítase unha modificación do Real Decreto 1.020/93, polo que se aproban as normas técnicas de valoración catastral, para incluír un coeficiente de depreciación funcional (entre o 0,20 e o 0,80) para as edificacións destinadas a usos agrarios, extensible incluso a aquelas que estean sen uso por cese de dita actividade.
A portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Isabel García Pacín, explicou que “o obxectivo é proceder a unha rebaixa dos valores catastrais das edificacións agrarias, tanto aquelas que manteñen a súa actividade como aquelas que se atopan sen uso polo cese da actividade agraria dos seus propietarios”.
A iniciativa aprobada polo Pleno tamén incorpora, a proposta do Grupo Popular, dirixirse ao Goberno Central para que aprobe unha exención da taxa prevista no proceso de regularización catastral 2013-2016 a futuro, ao tempo que devolva as xa ingresadas nos supostos que afecten ás construcións indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais.
Exencións máis amplas
Así mesmo, a iniciativa parlamentaria incorpora trasladar ao Ministerio de Facenda e aos concellos galegos a necesidade de que as explotacións agrarias e gandeiras galegas teñan exencións o máis amplas posibles na súa tributación. Do mesmo xeito, demanda que se aprobe unha bonificación potestativa no Imposto de Bens Inmobles (IBI) do 95 por cento para as construcións indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais.
Por último, solicítase o establecemento de fórmulas de colaboración a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para prestarlles o asesoramento preciso aos concellos galegos que o soliciten en relación as súas competencias normativas no IBI e as repercusión que estas poidan ter no seu ámbito financeiro e de equilibrio orzamentario.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



