Ribadeo, 16 de marzo de 2016.- O Concello arría a bandeira da Unión Europea en repulsa polo trato inhumano que están a recibir @s refuxiad@s que foxen do seu país por mor da guerra.
Desde o Concello de Ribadeo “queremos manifestar a nosa total repulsa ao trato inhumano que están a recibir os refuxiados e refuxiadas que foxen do seu país por mor da guerra. É unha mágoa que, despois de ter amosado tantas e tantas veces as imaxes dos campos de concentración nazis para condenar a barbarie do século XX, desde as institucións europeas se agoche agora a mirada e se queira botar man de terceiros para que fagan o traballo sucio levando a cabo políticas ilegais e inmorais como é a deportación masiva de refuxiados”.
“Atropelar con tanto cinismo os dereitos humanos e converter en borralla a Carta Internacional dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas merece unha resposta clara e serea pero tamén ben visible: como sinal de protesta e de chamada de atención para espertar as conciencias dos políticos, tecnócratas e burócratas que toman decisións tan graves, imos arriar a bandeira da UE do noso Concello como xesto simbólico por esta vergoñenta falta de actuación diante deste drama”, conclúen desde o Concello ribadense.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



