Ribadeo, 17 de marzo de 2016. O Concello celebrará este venres o día da árbore con varios actividades organizadas polas delegacións municipais de Medio Rural e Sostibilidade Ambiental.
No Ceip Gregorio Sanz a partir das 11 da mañá haberá unha charla para o alumnado do centro sobre poda e plantación. E ao seu remate no recinto do colexio plantaranse dúas camelias. A estes actos asistirá o alcalde, Fernando Suárez.
A concelleira de Sostibilidade Ambiental, Paz Ermida, explica que “o que buscamos desde o Concello é que desde pequen@s os nenos e as nenas tomen conciencia do importante que é o coidado e o respecto polo medio ambiente”.
Xa a mediodía na zona da Vilavella terá lugar a plantación de varios castiñeiros. Na celebración desta xornada participará o persoal de xardinería do Concello ribadense.