Burela, 17 de marzo de 2016.- O Grupo Popular rexistrou no Parlamento de Galicia unha iniciativa en apoio da declaración de Interese Turístico Nacional da Feira do Bonito de Burela. Así o explicaron este xoves o seu autor, o deputado Jose Manuel Balseiro, e responsables do Grupo Municipal Popular desta localidade da Mariña lucense.
O obxectivo é que a Xunta se involucre contribuíndo, por exemplo, aos esforzos que se están a facer para a difusión deste evento nos medios de comunicación nacionais, un requisito imprescindible que debe cumprir e acreditarse segundo establece a lexislación vixente, para que poida acadar este recoñecemento.
O PRIMEIRO SÁBADO DE AGOSTO DESDE 1986
Balseiro explicou que “temos que remontarnos ao ano 1983 para, a impulso do colectivo veciñal e cultural Ledicia, lembrar a primeira edición dunha cita totalmente arraigada no calendario festivo, que leva máis de 30 anos difundindo os beneficios do consumo do bonito”.
Cada primeiro sábado de agosto, a Feira do Bonito de Burela converte a este produto pesqueiro no máximo protagonista deste evento de exaltación gastronómica, durante o que pode degustarse preparado de moi diversas maneiras (asado, en empanada e cocido) grazas ao traballo de centos de voluntarios e colaboradores organizados polo colectivo Ledicia e co apoio da confraría, do sector pesqueiro e de diversas administracións.
INTERESE TURÍSTICO AUTONÓMICO
A Feira do Bonito xa dispón desde 1999, sendo presidente do Goberno galego Manuel Fraga, do recoñecemento como festa de interese turístico de Galicia.
Balseiro salienta que, “cando están a piques de cumprirse 17 anos deste importante recoñecemento autonómico, a Feira consolidouse como unha cita turística e gastronómica de gran relevancia para a promoción e posta en valor do bonito, un peixe que identifica e dá fama ao porto pesqueiro de Burela”.
UNHA CITA CONSOLIDADA
A Feira naceu con humildade como unha xornada cultural e gastronómica con fama na comarca da Mariña lucense pero, rapidamente, e coa complicidade e participación do conxunto dos veciños e da asociación promotora, foi gañando en entidade propia ata atraer a xentes de todas as ideades e procedencias, superando incluso ás 10.000 persoas.
Ata tal punto é así que nos últimos anos veñen elaborándose 3.500 quilos de bonito, en moi diversas preparacións, e organizándose un conxunto de actividades complementarias, entre as que non faltan as degustacións na hostalería, os espectáculos folclóricos que amenizan a Feira, concertos, xornadas técnicas e actividades infantís.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



