A Confederación Intersindical Galega (C.I.G.) a través do seu Gabinete Técnico de Prevención de Riscos Laborais vai impartir un Curso Básico de Prevención de Riscos Laborais de 55 horas de duración dirixido tanto a traballadores e traballadoras en activo como desempregados/as.
Dito curso, que está homologado pola Consellaría de Traballo e é de carácter gratuíto, celebrarase durante os meses de abril (data de inicio o luns dia 11) e maio (rematará o dia 19 de maio) en BURELA, nun horario compatible coa xornada laboral co fin de facilitar a participación no mesmo.
A través deste curso os traballadores e traballadoras adquiren os coñecementos básicos en materia de P.R.L. e cumpren cun dos requisitos necesarios para poder exercer nas súas empresas coma Delegados/as de Prevención.
Dende a C.I.G. de A Mariña queremos animar aos traballadores/as a que realicen este curso pois entendemos que no Mercado Laboral actual o incumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais é unha constante, coma consecuencia, entre outros factores, da precariedade, polo que é necesario que a clase traballadora coñeza os seus dereitos e as súas obrigas en materia de Prevención xa que está en xogo a súa integridade física, a súa saúde e incluso a súa vida.
Todos aqueles traballadores e traballadoras que desexen facer o curso deben pasarse polos locais da C.I.G. de Burela ou Viveiro ou chamar ós telefones Nº 982 581 861 / 982 561 541. O prazo de inscrición péchase o mércores 04 de abril.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



