Foz, 18 de marzo de 2016. O BNG de Foz saca as súas conclusións da última xunta de portavoces.
Este xoves os portavoces da corporación municipal de Foz volvían reunirse, esta vez para volver poñer enriba da mesa un contrato tan importante como o da concesionaria da auga. Esta relación contractual debería rematar o próximo ano, mais como xa se sabe o Concello parece deber xa preto dun millón de euros á empresa e esta prefire rescindir o contrato de mutuo acordo e saírse do contencioso no que actualmente estamos.
“A pesares de que xa levamos varias reunións sobre esta cuestión síguenos a sorprender a falta dun informe técnico municipal ou independente que avale ou rexeite a cifra da suposta débeda que o Concello mantén con Gestagua e sorprende tamén que dende o primeiro momento o alcalde a dera por boa” sinalan Lorena Seivane e Teresa Rego.
Nese informe, ademais, deberían incluírse todos os certificados que avalan que a concesionaria respondeu á súa parte do contrato e fixo todas as melloras e substitucións na rede de saneamento, tal e como se indicaba no pliego alá polo ano 1992 cando se lle adxudica a xestión da auga e tamén na prórroga de 2007.
“Queremos recordarlles aos veciños e veciñas de Foz que esta situación de incertidumbre que estamos a vivir ten culpables: o PP, que foi quen fixo a primeira concesión no ano 1992, e o PSOE, que a pesar de levar no seu programa de 1995 a remunicipalización, foi o que concedeu as sucesivas prórrogas”, din Seivane e Rego.
A posible solución que se puxo onte enriba da mesa empeza por rescindir o contrato actual de mutuo acordo fixando uns prazos para pagar esa débeda e sacar unha nova licitación para que outra empresa, ou a mesma, xestione o servizo de augas do noso Concello. Non se fala nunca nestas xuntanzas da posibilidade existente dun servizo municipal, mais onte o secretario manifestou que é imprescindible xuridicamente emitir un estudo de viabilidade feito por un equipo técnico antes de redactar un novo pliego.
Veremos entón si se pode, como sempre defendeu o BNG, asumir este servizo de forma municipal, xusta e transparente.
Lorena Seivane García
Teresa Rego Cabanas
Voceiras do BNG de Foz



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



