Venres, 18 de marzo de 2016.- A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, presentou este venres ás persoas que integran o Comité Executivo, un equipo deseñado cun claro obxectivo “se fomos a candidatura dos militantes e quero que cada afiliado sexa un militante activo, tamén seremos o partido que traballe ao carón da xente” e para acadalo “ninguén sobra e todos sumamos”.
Así, a popular considera que o novo equipo responde a un organigrama que busca ser operativo cunha vicepresidencia, a secretaría xeral e as vicesecretarías, ademais dos distintos coordinadores de cada área.
“Somos a suma de todos, tamén dos alcaldes e voceiros municipais da provincia que formarán parte da Xunta Directiva do Partido Popular” aos que referiu como “o motor da nosa formación, verdadeiro activo do PP, ademais de seren os interlocutores e representantes máis directos dos veciños”. “Este é o noso equipo, hai partido, ilusión, forza, convencemento e unidade”, engadiu.
Elena Candia defendeu o seu compromiso e o do seu equipo coa provincia e cos problemas dos lucenses. “É o noso verdadeiro reto”, destacou.
Principais obxectivos
“Conto con cada unha destas persoas para cumprir os compromisos que adquirimos e non defraudar o alento que recibimos”, dixo Candia, quen citou entre os principais obxectivos “comunicar máis e mellor, que todos os lucenses entendan o que estamos a facer”, ademais de formar aos militantes, aos portavoces e aos alcaldes a través de áreas de traballo sobre diferentes materias, contando ademais cunha nova estrutura conformada cos mellores profesionais dos distintos ámbitos que permitan que o noso proxecto estea “máis pegado ao terreo”. Tamén enumerou o propósito de estar ser próximos, “intermediando e escoitando a todos os sectores”.
Retos máis inmediatos
A popular tamén fixo referencia aos retos máis inmediatos, entre os que se atopan o de revitalizar as estruturas comarcais e o de reunir a Xunta Directiva para convocar o Congreso local de Lugo e o provincial de Novas Xeracións. “Quero reabrir o partido aos militantes e aos concellos da provincia, estar máis fóra que dentro da sede, facer reunións nas diferentes comarcas, crear novos espazos de participación directa dos militantes e de cada un dos territorios” e para iso “en breve espazo de tempo elixiremos aos coordinadores comarcais que serán escollidos directamente polos militantes” ademais de convocar reunións periódicas e itinerantes do Comité de Dirección nas distintas comarcas, con participación directa dos militantes.
Ano electoral
Candia considera que non é un desafío menor manter ao PP de Lugo como un dos principais bastións e referentes do partido en Galicia e en España unha posición que se debe, “en gran medida, ao traballo de José Manuel Barreiro e do seu equipo a quen quero volver a agradecer que durante 14 anos se deixase a pel para elo”.
Este ano é un ano electoral, e “temos que empezar canto antes a renovación territorial, establecer un calendario de actos, un sistema de traballo e non podemos perder o ritmo. Empecemos a traballar dende o primeiro día”, concluíu.
Comité executivo 2016
Presidenta : Elena Candia López
Vicepresidente: Ramón Carballo Páez
Secretario Xeral: Juan Carlos Armesto Quiroga
Secretario de organización: Daniel Vega Pérez
Voceira: Julia Rodríguez Barreira
Vicesecretarías
1. Vicesecretario de Política Local: Julio Álvarez Núñez
2. Vicesecretaria de Comunicación: Marga López Blanco
3. Vicesecretario de mediación social: Quique Rozas López
4. Vicesecretario novas tecnoloxías: Manuel Antonio Fernández Piñeiro
5. Vicesecretario de mocidade e participación: Toño Gallego Prieto
6. Vicesecretario de Acción electoral: José Santos Sánchez
7. Vicesecretario de Política Económica Local: Demetrio Salgueiro Rapa
8. Vicesecretario de Desenvolvemento Rural: Gerardo Criado Guizán
9. Vicesecretario de asuntos xurídicos: José Antonio García López
Coordinadores Sectoriais:
1. Sector Primario: Ana López Pombo, Manolo López Fernández e Juan José Fraga Paz, Manuel López Armesto e Begoña Gaute Verdes
2. Sector Vitivinícola: José Manuel Rodríguez González
3. Sanidade: Encarna Amigo Díaz, Carmen Penelas Celeiro
4. Educación: Remedios González Cabarcos ( portavoz de Rábade) Javier Vázquez Prado, María José Gómez Rodríguez
5. Pesca: Mercedes Rodríguez Moreda e Alberto García
6. Turismo: Rosa Arza Rodríguez
7. Polícita social: María José Blanco Freire , Graciela Fernández Carricoba
8. Infraestruturas e Medio Ambiente: Luis Gómez García , Emilio Pardo Álvarez
9. Comercio e autónomos: Juan Manuel López Labrada, Teresa Taboada Candal
10. Coordinador de relacións institucionais: Jaime de Olano Vela
VALEDOR DO AFILIADO: Eugenio Corral Álvarez
Presidente Comité Electoral: Antonio Basanta Fernández
Cordinadores Comarcais:
Un por comarca, serán elixidos pola militancia
22 Vogais:
1. María Dolores Cociña Cabanas Burela
2. Antonio Riveira Requeijo de Xermade
3. Alba Rodil García NNXX de Ribadeo
4. Roberto Fernández Pena
5. José Manuel Lamela Piñeiro
6. Ángeles Lenza López
9. Armando Castosa Alvariño
10. Ramiro Moure Ansoar
11 Jesús Novo Martínez
12. Jesús Carreira Ferreiro
13. José Luis Álvarez Blanco, Alcalde de Pantón
14. Manolo González Capón, Alcalde de Baralla
15. Isabel García Pacín
16. María Villares Franco
17. Vicente Quintas González
18: José Antonio Fernández López
19: José María Carballido Carballido
20.- Juan Francisco Méndez Ruíz
21. Jose Manuel Mato Díaz, Alcalde Paradela
Manuel Rodríguez Arias
Noemi Bello Castro
Sonia López Méndez
Luis Cabado Pastoriza
Antonio Bouza Rodil
De Novas Xeracións:
• Alejandro Pena López -Boado
• Mar Carballas Piñeiro
• Eugenia Vizcaino Gómez
• Fernando Carreiras González
• Pablo Flórez Rodríguez
Por ser do Comité Executivo Nacional es nato:
José Manuel Barreiro Fernández
Por ser do Comité Executivo de Galicia son natos:
Alfonso Villares Bermúdez
Raquel Arias Rodríguez
José Manuel Balseiro Orol
Susana López Abella
Juan Francisco López Prieto
Jaime Castiñeira

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



