A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres 18 de marzo os convenios cos Concellos de Viveiro e de Monforte de Lemos para colaborar na organización da quinta e sexta etapa da Volta Ciclista a España, con motivo do seu paso por estes municipios. Non conlevan presuposto algún, pois son colaboración para a organización deste evento. Por exemplo, para ceder de espazos públicos ou habilitar zonas nas que se sitúen vallas publicitarias.
Outros asuntos da xunta de goberno
A Xunta de Goberno dtamén aprobou a adxudicación das obras de alumeado no Piornedo por un total de 70.000 euros. O voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, avanzou que estes traballos se iniciarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de 2 meses.
O organismo provincial está a desenvolver o proceso de contratación dos traballos de saneamento no Piornedo por valor de 77.300 euros. As obras de mellora dos tellados das Pallozas, que remataron, contaron cun orzamento de 100.000 euros.
O conxunto deste traballos enmárcanse nun convenio de colaboración entre Xunta de Galicia (100.000 euros), Deputación de Lugo (160.000 euros) e Concello de Cervantes (20.000 euros).
Na sesión, acordou conceder un anticipo de 80.000 euros á USC para medidas do Plan de Impulso do Campus de Lugo, que ten en marcha a Deputación e a Universidades. Este orzamento son para as seguintes medidas do protocolo de actuación de ambas as dúas entidades: Plan de captación de estudantes doutras nacionalidades para as titulacións do Campus de Lugo; desenvolvemento dun plan de apoio para as practicas de campos das titulacións do Campus de Lugo; impulso da docencia semipresencial ou a distancia, mediante a implementación das novas tecnoloxías; impulso da divulgación científica e a captación de novos talentos; e análise das infraestruturas deportivas e docentes do Campus Lucense.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



