O patrón da Fundación TIC Álvaro Santos presentou este venres no Pazo de San Marcos un vídeo “dirixido á promoción do labor da Asociación Síndrome de Down Lugo”. Santos dixo que o ente provincial “terá sempre abertas as súas portas para colaborar na promoción e na realización de todas cantas actividades contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e a das súas familias, a través da súa plena integración social na nosa sociedade”.
Asegurou “o que debemos buscar entre todos é a normalidade e traballar todos xuntos”.
Subliñou ademais que estes traballos audiovisuais forman parte do convenio asinado entre a entidade dependente da Deputación e a Asociación Síndrome de Down co obxectivo de apoiar o importante labor social que desempeña esta ONG. A TIC actualmente colabora con máis 150 asociacións culturais, deportivas, agrupacións veciñais e entidades sen ánimo de lucro de nosa provincia.
Santos Ramos explicou que este traballo, esta dirixido á promoción do labor tan importante que realiza a Asociación Síndrome de Down Lugo. Na montaxe realizada “recóllense escenas cotiás dos usuarios dentro e fóra das instalacións da entidade, que reflicten o esforzo que o colectivo está a facer para conseguir a integración plena dos seus usuarios na sociedade”.
Dixo que esta nova colaboración da TIC coa Asociación “ven motivada pola celebración do Día Mundial do Síndrome de Down, designado o 21 de marzo pola ONU, e que ademais este ano coincide co 20 aniversario da creación da entidade lucense”.
O vídeo, que ten unha duración de catro minutos de duración, amosa o traballo que os usuarios fan nun dos obradoiros ocupacionais, a visita a un centro de saúde, momentos de lecer nunha cafetería, e xogando ao tenis de mesa cos seus adestradores, entre outras actividades coas que procuran potenciar a súa autonomía.
Gala 20 aniversario
A asociación lucense celebra una gala este domingo, día 20, ás 18:00 horas no Círculo das Artes, para conmemorar o seu 20 aniversario, na véspera do Día Internacional do Síndrome de Down.
Un equipo da TIC realizará a gravación íntegra do evento durante o que se fará entrega dos III Premios Down Galicia. A representación dunha obra teatral e a proxección do vídeo realizado pola TIC completarán o programa da Gala, á que está prevista a asistencia de 400 invitados.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



