O Valadouro, 17 de marzo de 2016. O BNG Alfoz – Valadouro funciona como unha única asemblea desde a súa creación, sendo polo tanto a única organización política con implantación no territorio que non ten dúbidas sobre as razóns históricas e sociais para traballar na unificación dos dous concellos nun só, e comezou a divulgar a convenciencia da unificación na década dos ‘90. Desde a asemblea local advirten que “o proceso debe ser democrático e con garantía de viabilidade, non imposto desde a Xunta para que Feijóo sacase unha foto, como vén sucedendo con fusións recentes na Galiza”.
Estudo de viabilidade e proceso democrático, participativo e sen imposicións
O Tte. de Alcalde de Ferreira, Eduardo Chao, adiantou que o seu grupo reclamará cunha iniciativa “que se cumpra o acordo unánime da corporación de 2011 no que o seu grupo reclamou á Xunta e á Deputación a realización dun estudo de viabilidade dos dous concellos como paso previo á apertura dun proceso democrático onde a poboación dos dous concellos, con coñecemento de causa, deberá opinar”.
Non cabe actuar con demagoxia, débese traballar en evitar duplicidades e mancomuncar servizos
Chao advertiu que “debemos ser realistas, coas cifras de poboación na man non se pode xogar á demagoxia. A suma dos censos de Ferreira e Alfoz hoxe non chega a 5.000 habitantes polo que a posíbel fusión nin sequera permitiría aumentar de categoría e polo tanto incrementar ingresos doutras administracións”. Neste sentido, insistiu en que “mancomunar servizos e evitar duplicidades é fundamental, e lembrou que para isto debera servir a mancomunidade que existía entre os dous concellos que PP e PSOE disolveron co voto en contra do BNG”.
Precaución ante intereses bastardos e personalismos
Por outra banda, no BNG consideran que a “unificación é unha materia que xamais debe empregarse como catapulta para intereses persoais ou para garantir a atención dos medios de comunicación, xa que todos sabemos que nestes momentos calquera cuestión relacionada coas fusións municipais convértese en noticia de portada; por iso mesmo convén non banalizar, porque se unha cuestión tan importante para o noso Val acaba sendo tratada á lixeira ou utilizada con intereses miserables, a poboación pode acabar evitando ou mesmo rexeitando o debate, por desconfianza”.
“O PSOE de Ferreira debería revisar de cando en vez o acordo de goberno.
O Tte. de Alcalde de Ferreira lembrou que unha das condicións negociadas co PSOE para formar goberno neste mandato, foi traballar na eliminación de duplicidades e mancomunar servizos con Alfoz, algo que á vista dos feitos non se está a facer”, rematou Chao.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



