Vegadeo, 18 de marzo de 2016.- Na mañá deste venres na Casa de Cultura de Vegadeo os alcaldes da Comarca Oscos-Eo presentaron por primeira vez de forma conxunta as actividades que se desenvolverán durante a Semana Santa en cada un dos sete concellos.
A oferta é moi variada e dirixida a todo tipo de público. A maioría dos recursos turísticos comarcais e oficinas de turismo permanecerán abertos durante este período vacacional.
Comezamos a semana o martes 22 en Castropol co Festival de Música e Poesía e o II Certame “Figueras Teatro”. Tamén en Castropol e desde o xoves 24 ao domingo 27 no porto da vila terán lugar as VI Xornadas do Lagostino e a Navalla.
O xoves 24 e venres 25 San Tirso de Abres celebra o seu xa tradicional Feira de Artesanía acompañada das Xornadas Gastronómicas da Horta. Este ano “El Clan del Lobo” realizará o xoves pola tarde unha exhibición de cans de procura e recate.
As actividades de tipo relixioso comezan o xoves 24 coa representación do Vía Crucis Vivente en Villanueva de Oscos ás sete da tarde e as celebracións da Semana Santa de Piantón que se desenvolverán ao longo de todo o fin de semana iniciándose o xoves coa procesión da Soidade ás sete da tarde, venres O Encontro e o Desencravo, sábado celebración da Vixilia Pascual e o domingo como clausura o “Bandeo de Pendóns”.
Santa Eulalia de Oscos celebra o venres 25 a Feira de Artesanía con exposición de razas autóctonas, degustación de roxois e unha mostra agroalimentaria. Tamén o venres comeza en Vegadeo a Feira de Stocks que este ano conta cun gran número de expositores e permanecerá aberta ata o domingo pola tarde.
En Taramundi, o sábado 26 ás 11:00 da mañá arrinca a XXI Feira do Queixo e Produtos Locais con novidades este ano como a fondue que se servirá a partir das 12:30, elaborada con queixos da feira e baixo a supervisión de Christián González, cociñeiro da TPA en programas como a Guía Michigrin. Daranse cita nesta feira máis de 40 expositores dos que 25 son queixerías artesanais.
E por último San Martín de Oscos ofrecerá desde o mércores 23 ata o domingo 27 visitas guiadas ao Palacio de Mon e a Casa do Marco.
A maioría dos recursos turísticos comarcais e oficinas de turismo permanecerán abertos durante estes días.
Un plan atractivo para coñecer a Comarca Oscos-Eo durante as vacacións de Semana Santa.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



