O pentatleta internacional viveirense e triple medallista continental Cristóbal Rodríguez, do club ABANCA, vencía a pasada fin de semana no Ranking Galego Elite de Espada absoluta celebrado na casa do Auga da Cidade Herculina, onde o seu club ocupaba os tres peldaños do podio con Rodríguez á cabeza, seguido de Mateo Alonso e Rodrigo Rama.
E, tras vencer con apenasunha diferenza de 48 horas despois de chegar do Brasil e aínda co jet-lag enriba, pola tarde tomaba parte no “Memorial Internacional Santiago Bescansa”, espadista internacional español, amigo do círculo íntimo de Rodríguez e falecido fai dous anos mentres disputaban o ranking nacional de Valladolid.
Rodríguez “competía e rendía a un gran nivel”, segundo palabras do Mestre de Esgrima Manuel Villadóniga, pasando sen problemas o cadro de 64 e o de 32 para plantarse no cadro de 16 e chegar así ás semifinais con catro esgrimistas internacionais.
Trala disputa dos combates Rodríguez cedía ante Adrián Yáñez do Club Esgrima Valladolid por un axustado 15/14, o tamén internacional Álvaro Gil, do Club Esgrima Pozuelo, fíxose coa vitoria contra Juan Pedro Romeu do Crea Madrid. Polo sistema de tanteos, Rodríguez quedaba no terceiro escano do podio, Yáñez era ouro e Álvaro Gil prata, sendo Juan Pedro, terceiro B.
Ao final do encontro Rodríguez quixo dedicar a medalla ao seu compañeiro desaparecido rompendo en aplausos ao publico que enchía á tarde o “CENTRO AGORA coruñés.
A Mestra de Espada Galega Ruth Ballesteros comentaba aos medios que a fichaxe de Rodríguez coa intervención da Fundación Deporte Galego fora un revulsivo para a esgrima galega. “@s nen@s adórano porque é moi próximo e tira con eles”. Recordaba tamén aos xornalistas e reporteiros presentes, que, ata a data, Rodríguez é o único galego da historia que ten no seu poder “catro medallas en Copa do Rei” e o único que ten sido recibido pola súa Maxestade, o Rei, co engadido que sendo pentatleta ten que multiplicar os seus esforzos.
Ao final o recoñecido deportista galego tivo que prestarse á obrigada firma de autógrafos a nen@s e pais por ser a estrela do “Club Esgrima A BANCA”.





















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
