Santiago, 24 de marzo de 2016.- As autorizacións gratuítas para acceder ao Monumento Natural da Praia das Catedrais que se poden solicitar a través da páxina web están practicamente esgotadas para este venres 25 de marzo, Venres Santo.
A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, supervisou esta mañá o desenvolvemento do Plan especial de visitas para preservar este espazo, onde recordou que as 4.812 autorizacións vanse repartir por cupos entre distintas entidades públicas e privadas. A inmensa maioría distribúense a través da web, e as restantes son xestionadas pola Mancomunidade de concellos da Mariña lucense, o Clúster de Turismo de Galicia, os hoteis e os taxis de Ribadeo. Deste xeito, matizou que as persoas que se aloxen nos establecementos hoteleiros poden acceder a unha autorización directamente e que nas seguintes xornadas aínda queda cupo para poder visitar o areal.
A Consellería de Medio Ambiente decidiu controlar dende o pasado 19 de marzo o acceso ao monumento natural das Catedrais, en Ribadeo, con motivo da Semana Santa, período no que se repartiran un máximo de 48.000 autorizacións, dando continuidade ao Plan de conservación que se puxo en marcha en xuño de 2015.
Lembrou que o control dos visitantes articúlase ao redor da web https://ascatedrais.xunta.es/, a través dun proceso sinxelo e totalmente gratuíto. Os interesados só teñen que acceder á web, elixir a data na que queren visitar este monumento natural e obter a autorización precisa para facelo. Este sistema de control, que xa funcionou o verán pasado, rexistrou nos meses de xullo, agosto e setembro un total de 240.000 visitantes.
Díaz López reiterou que o obxectivo é preservar e conservar este espazo, ao tempo que se fomenta un turismo sustentable. De aí que unha das súas principais medidas sexa evitar unha afluencia masiva, que podería producir alteracións no hábitat das especies e nos procesos erosivos da área.
Nese sentido, destacou o labor que están a realizar este días, dende a entrada ao areal, os profesionais que controlarán o acceso, informarán sobre o xeito de conseguir a autorización a aqueles visitantes que non a teñan, e ofrecerán información sobre os servizos existentes, así como sobre outros lugares de interese. Ao que se suma o traballo das persoas encargadas de xestionar as áreas de aparcamento e de axudar aos condutores a atopar unha praza.
A directora sinalou que esta visita ao areal pode completarse cun servizo de guía e divulgación ambiental, que este ano tamén se volveu a ofrecer aos visitantes que o desexen. As visitas realizaranse en grupos de 25 persoas, cunha duración de 30 minutos nos que se abordarán nocións sobre valores ambientais, fauna, flora e xeoloxía.





















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



