Lugo, 28 de marzo de 2016.- Os voceiros socialistas na Deputación e no Concello de Lugo, Álvaro Santos e Miguel Fernández, xunto á coordinadora do PSOE na Mariña e Alcaldesa de Trabada, Mayra García, presentaron este luns a moción que os socialistas levan ao Pleno Provincial de mañá e ao municipal do xoves para esixir á Xunta de Galicia a inmediata dotación do servizo de Hemodinámica as 24 horas no HULA e a publicación dos datos de mortalidade aos 30 días dos pacientes por infarto de miocardio. Mayra García avanzou que o partido entregará esta moción a todos os seus Alcaldes e voceiros para que tamén a presenten nos seus respectivos Plenos, “pois este é un asunto primordial para a nosa provincia, que nos afecta a todos”.
Miguel Fernández destacou que “levamos anos esperando a que a Xunta dote aos lucenses de Hemodinámica 24 horas. Durante todo este tempo, o Goberno galego sempre relacionou a súa inexplicable negativa a implantación deste servizo no HULA a un informe cos datos sobre infarto de miocardio. É dicir, cuantifica en termos económicos o custo da atención sanitaria. Tras anos agochando esta información, o pasado 16 de marzo o Sergas presentou o primeiro balance do Rexistro de Atención ao Infarto de Miocardio; un informe sesgado e incompleto, no que se obvian datos fundamentais, como son os de mortalidade”.
“O que si contrastamos con este informe é que un lucense tarda o dobre de tempo que un cidadán da Coruña ou de Santiago de Compostela en ser atendido por infarto. Son máis de 3 horas, 192 minutos, o que tarda de media un veciño de Lugo que sofre un infarto de miocardio. Os socialistas dicimos basta xa. Esiximos á Xunta que se deixe de máis dilacións e demoras, pois hai anos que se comprometeu a licitar en 3 meses o servizo de Hemodinámica as 24 horas e seguimos esperando. É necesaria a súa inmediata dotación na provincia. Temos dereito a coñecer os datos reais de mortalidade por infarto de miocardio, que é no que se basea o Goberno galego para a implantación deste servizo en Lugo. ¿Por que non fan pública esta información?”.
Mini-radioterapia
Santos Ramos remarcou que “o Goberno autonómico do PP está incumprir coa ILP co maior respaldo na historia do Parlamento galego. Máis de 41.000 lucenses dixeron alto e claro que era urxente a dotación de Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medina Nuclear. O PP desvirtualizou a ILP. Seguimos cun servizo de oficina para Hemodinámica, cando un infarto non entende de horarios. Contamos cunha mini-radioterapia, cun servizo para o 50% dos lucenses que teñen que recibir este tratamento, pois o outro 50% seguirá peregrinando a Coruña. ¿En que se baseará á Xunta para decidir quen recibe radioterapia en Lugo e quen na Coruña?. Ademais, se temos esta mini-prestación é grazas á beneficencia, non polo compromiso de Feijóo cos lucenses, que nos trata como excluídos que vivimos da caridade. Se hoxe contamos cun único acelerador é gracias a unha fundación, a Xunta non investiu nin un só euro, nin ten pesado facelo. O acto da semana pasada, coa presentación desta mini-radioterapia, foi totalmente electoralista, unha tomadura de pelo cara todos os veciños desta provincia, un engano”.



















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



