Lugo, 28 de marzo de 2016.- O Grupo Provincial do PP quere facilitar no Pleno deste martes que os concellos e o tecido asociativo da provincia conte con financiamento da Deputación de Lugo, polo que manterá a súa vontade de diálogo e negociadora para aprobar os Orzamentos do ano 2016 ata o comezo da sesión. Os populares asumen case responsabilidades de Goberno para que as contas saían adiante a través de numerosas melloras solicitadas, aínda que dependerá do bipartito a súa aprobación.
A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, compareceu na tarde deste luns en rolda de prensa acompañada polos deputados do seu grupo para explicar “a transparencia” co que ten actuado o PP e reivindicar a necesidade de que os concellos conten con apoio económico para levar a cabo os seus proxectos para este ano.
A popular aclarou que se pediu que no Pleno deste martes se inverta a orde dos puntos do día de maneira que a incorporación dos remanentes se vote antes que os Presupostos de 2016. Elena Candia precisa que é nese remanente no que se tiveron en conta peticións dos populares como o incremento destinado ao servizo de axuda no fogar por importe de 300.000 euros ou obras demandadas polos concellos, polo que sería máis lóxico que se vote en primeiro lugar.
Un Presuposto mellor grazas ás achegas do PP
Os populares indicaron que non son os Orzamentos “que nos teríamos presentado” e, pese a valorar as modificacións que se foron facendo grazas ás achegas do PP, a vontade construtiva e colaboradora levou a este grupo a presentar unha serie de emendas que melloren o resultado final. Así, Candia referiuse á petición de que as modificacións de crédito sexan aprobadas polo Pleno, o mesmo que as subvencións e que se garanta a execución dos compromisos de gasto adquiridos mediante a subscrición de convenios cos concellos.
Os populares solicitan tamén que se respecte a autonomía local e que a maior parte dos fondos para emprego se destinen a colaborar cos concellos.
“Cremos que estas emendas son fundamentais e servirían para que dunha vez por todas se desbloquee a situación que vive a institución”, engadiu. A voceira valorou o incremento da axuda no fogar, así como o aumento dos fondos destinados ao POS e esixiu que se respecten tamén os compromisos acordados cando gobernou o PP ou aqueles aos que se chegou mediante acordos do Pleno.
Sobre os convenios asinados coas entidades locais, Elena Candia esgrimiu que a finais do mes de marzo hai concellos que fixeron obras e aínda non lles foi aboada unha soa factura, pese a ter preguntado ata tres veces por eses pagamentos. “Isto é o que nos obriga a demandar mecanismos que garantan o cumprimento deses convenios ou ben no anexo de investimentos ou coa aprobación da emenda que presentamos”, expuxo.
“O PP puxo todo o seu empeño para que estas contas se aproben e reivindicou unha institución que xestione para todos e non só para uns poucos como nos últimos anos, polo que manteremos a actitude negociadora ata as once menos cinco”, concluíu.



















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



