Burela, 30 de marzo de 2016.- Academia A Mariña inicia o 25 de abril unha nova edición do curso de docencia da formación profesional para o emprego (antigo formador de formadores). Nesta ocasión será na modalidade de teleformación. Nas últimas horas as instalacións do centro en Burela acolleron a celebración do exame presencial para a obtención do certificado de docencia. Foron 41 os alumnos e alumnas participantes na edición do curso que agora termina con ditas probas. Desde Academia A Mariña explican que “foi un éxito. Creamos tres grupos, dous pola mañá e un pola tarde”.
Por outra banda, o 11 de abril dará comezo a preparación para as probas de acceso ao Corpo Nacional de Policía e á Garda Civil. Fai uns días que se facía pública a convocatoria de 1.799 prazas de Garda Civil e 2.740 prazas de Policía Nacional. Ramón Hermida, director de Academia A Mariña, destaca que “a inscripción está aberta. Estamos recibindo xa as primeiras. Aínda quedan días e animamos a aquelas persoas interesadas nesta convocatoria pública a que se acheguen por Academia A Mariña para obter a información que consideren oportuna”.
Fitosanitarios
Os días 1, 2, 8 e 9 de abril Academia A Mariña impartirá o curso de fitosanitarios, no seu nivel básico, en Burela, Foz, Taboada, Xinzo de Limia e Verín.
Os interesados en obter máis información sobre toda a oferta formativa de Academia A Mariña poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 58 50 98.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



