Compostela, 1 de Abril 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquera Verde Nórdica (GUE/NGL), acompañada polo voceiro de AGE en materia pesqueira no Parlamento galego, Juan Manuel Fajardo, ofreceu este venres unha rolda de prensa na Cámara Galega para dar conta da visita que esta semana realizou a delegación da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo a Galiza. Durante a intervención, Senra destacou que “é a primeira vez que se dá algo así”. E é que segundo o rexistro do propio Parlamento Europeo, dende polo menos o ano 2000, que é desde que se teñen datos rexistrados, a Comisión de Pesca non fixera ningunha visita íntegra a Galiza como fixo esta semana. Si é certo que ten estado no 2007 e no 2012, pero visitando só a Axencia de Control, pero unha visita de varios días con reunións coas diferentes partes do sector pesqueiro galego nunca se dera.
Lídia Senra explicou que esta viaxe comezou a organizarse en setembro do 2014, cando tras chegar ela ao Parlamento Europeo como eurodeputada e en pleno conflito do cerco, abriuse o prazo para que os grupos fixeran propostas. “Propuxen que a Comisón de Pesca visitara Galiza, xa que somos o primeiro país en importancia pesqueira na UE”, explicou.
A eurodeputada comentou que na organización puido haber fallos, pero destacou a importancia de que fose a primeira vez que unha visita así se realizara. “O máis importante é poñer en valor que tiveron moita presenza neste encontro diferentes sectores pesqueiros, moita presenza das mariscadoras, do sector do mexillón, das artes menores e da pesca artesanal”, dixo.
Lídia Senra explicou que nas xuntanzas que se prolongaron durante martes, mércores e xoves en Vigo, Vilagarcía, A Illa de Arousa e Santiago púxose enriba da mesa a cuestión da limpeza e a rexeneración das rías, “que está facendo perigar moitos postos de traballo”. “Tamén a insuficiencia e o reparto das cotas e o reparto, que está poñendo en perigo a supervivencia de miles de familias que viven da pesca”. O sistema de análise das biotoxinas e a fraude no etiquetado do mexillón foron outros dos temas que se trataron, igual que a necesidade de que as capturas accidentais saian do reparto de cotas, cuestión que xa foi levada a Europa por AGEe a través dunha emenda e que xa foi aceptada.
Pola súa banda, Juan Manuel Fajardo incidiu en que “é a primeira vez no que vai de século que a Comisión de Pesca visita Galiza. Parece mentira que tivera que chegar AGE para que isto fose posible. Isto demostra a capacidade que temos para incidir”.
O deputado galego denunciou que o 20% do emprego pesqueiro perdeuse desde que chegou Alberto Núñez Feijóo á Xunta e arremeteu contra a actitude do Goberno galego do PP en materia pesqueira. “Acaba de gañarse unha sentencia contra a fraude da etiquetaxe do mexillón e a Xunta segue mirando para o outro lado. É un argumento máis para que dimita a conselleira. Hai que defender o sector do mexillón, non se pode vender como galego mexillón de fora e iso está a pasar coa complicidade da Xunta”, incidiu.
Fajardo deixo claro que desde AGE “imos defender que a pesca artesanal saia do sistema de cotas”. “Fronte a iso, nesta visita o PP estaba máis interesado en falar de Anfaco e de multinacionais que en falar daqueles mariñeiros galegos que saen ao mar todos os días”. O deputado anunciou que AGE emprenderá unha campaña en defensa do produto galego e non do produto de fora que se está vendendo como galego e “cando tomemos a Xunta, o goberno será un goberno que se preocupará polo sector tradicional e a pesca galega, non como agora”.
Fajardo tachou de “indecente” á conselleira de Pesca porque, dixo, “está intercambiando cotas de pesca dos galegos por outros intereses do PP noutras nacionalidades de toda Europa”.





















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



