O vindeiro mércores día 6, terá lugar o Pleno ordinario correspondente ao mes de abril no que se aprobará definitivamente a Ordenanza proposta por SON VIVEIRO o 7 de outubro de 2015 mediante unha Moción, que contou co beneplácito da totalidade da Corporación nestes termos:
Primeiro: Elaborar e aprobar a ordenanza fiscal reguladora da taxa pola instalación de caixeiros automáticos nas fachadas dos inmobles con acceso directo desde a vía pública e que na mesma se fixe unha cota de 3000 € anuais por cada caixeiro instalado.
Segundo: Que non se aplique ningunha exención.
Terceiro: Que a súa elaboración e posterior aprobación teña carácter urxente para, así, aplicar dita taxa no vindeiro exercicio.
Malia a aprobación da Ordenanza proposta polo noso Grupo, este canon municipal non poderá ser aplicado ata o 2017 por mor da demora na súa elaboración.
Co exemplo doutros municipios, amosamos a perfecta viabilidade a aplicación deste imposto se existe vontade política:
“Con nove caixeiros automáticos que existen en Viveiro con acceso directo á vía pública, o Concello podería recadar 27.000 euros ao ano. Pese a que unha sentenza do Tribunal Supremo avala que os Concellos lles cobren ás entidades financeiras polos mesmos desde o 11 de febreiro do 2009 e contar Viveiro cunha poboación que supera os 16000 habitantes, o noso Concello non recadou por ese concepto un só euro mentres vilas como Ribadavia ou O Carballiño, gobernadas polo PSOE e cunha poboación menor que a nosa -5000 e 14000 habitantes, respectivamente-, ingresan dende hai tempo 2920 euros por caixeiro ao ano e foi precisamente o propio PSOE no Carballiño o que pediu que mesmo se subise dito imposto ata os 3600 euros anuais, polo que non dubidamos de que tanto o equipo de goberno como a oposición apoiarán a proposta de 3000 euros anuais proposta pola nosa formación”, manifesta Marcos Besada, Edil de SON VIVEIRO, quen, nas súas alegacións, defende que as máquinas dispensadoras automáticas situadas nas vías públicas ocupan un espazo que aos bancos lles sae de balde.
Tamén quere chamar a atención sobre o agravio comparativo existente con respecto a bares, restaurantes, comercio e pequenas e medianas empresas, que custean outras tarifas por ocupar a vía pública aínda dispoñendo duns ingresos e beneficios inferiores aos das entidades de crédito.
“Os organismos financeiros ostentan unha importante carga de responsabilidade na crise actual e, malia a teren sido rescatados con cargo ao erario público, continúan executando desafiuzamentos, restrinxindo o crédito, aumentando as comisións e recortando o seu cadro de persoal, razón pola que nos parece xusto que os bancos paguen oito euros diarios; é un canon axustado ao beneficio que obteñen mediante o cobro aos seus usuarios e usuarias e unha medida para aumentar os recursos municipais sen penalizar ao contribuínte medio”.





















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



