NOTA DE PRENSA
O GMPP quere saber que medidas se teñen adoptado para evitar “alegalidades” nas actuacións da Burela Blues Band.
Os populares piden que as actuacións se “regularicen administrativamente” de cara ó futuro.
O alcalde non contestou a dúas peticións de documentación.
O GMPP de Burela afirma que no concello non hai ningún tipo de contrato nin documetos acreditativos de cobro da actuación da Burela Blues Band o pasado día catro de Outubro en Lourenzá. Eso é o que se desprende despois de que o pasado día nove de Outubro o PP presentase unha petición por escrito, dirixida ó alcalde, solicitando acceso á esa documentación, e o alcalde, a día de hoxe, non teña contestado.
Abundando no asunto, o pasado día quince o PP volveu a presentar unha nova petición de documentación por escrito e dirixida ó alcalde, neste caso os contratos e documentos acreditativos de cobro das actuacións da Burela Blues Band en 2008 e en 2009. Pasados máis de dez días, tampouco o alcalde contestou a esta petición.
Polo tanto, tendo en conta que non se nos contesta nin se nos dá a información solicitada, e descartando que non queiran facilitala, que sería mui grave, os populares só ven unha posibilidade a esta problema, que é que no concello non haxa ningún tipo de documentación, ainda que a Burela Blues Band fixo varias actuacións en 2008 e en 2009. Se é así, todas estas actuacións foron “alegales” cando menos, e se se cobrou, e alomenos nun caso cobrouse, en algún lado terán que estar os cartos, ainda que en caso de que se cobrara o seu destino debería ser obligadamente unha conta bancaria do Concello porque a Burela Blues Band está incluida na Escola de Música e polo tanto pertence ó Concello. E esto trae consigo que ou ben o alcalde non se enterou da nada en todo este tempo, o que sería grave, ou ben sabía o que pasaba e mirou para outro lado, que é tan grave coma o anterior.
Polo tanto, o PP preguntará no Pleno de hoxe que medidas se teñen adoptado para averiguar como se formalizaron esas actuacións a nivel de contrato, e para averiguar tamén se se cobrou algunha cantidade e onde está. E fundamentalmente tamén queremos que se tomen medidas para que as actuacións da Burela Blues Band se regularicen administrativamente de cara ó futuro. E esto quen o tén que facer é o alcalde, que é a máxima autoridade no concello. Sería de bastante mal gusto pola súa parte que declinase a súa responsabilidade na concelleira de Educación Lucía Bouza, responsable directa da Escola de Música e polo tanto da Blues Band, pero que lembremos que tén a competencia delegada desde a alcaldía.


















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



