CON PÓLVORA E MAGNOLIAS. Conta San Agustín a historia dun pirata que foi capturado por Alexandre Magno, quen lle inquiriu: “Como ousas molestar ao mar?”; a réplica do pirata foi tan inmediata como xenial: “Como ousas ti molestar ao mundo enteiro? Eu teño un pequeno barco e por iso me chaman ladrón, ti tes toda unha flota e por iso te chaman emperador.”
Nesta mesma semana, a través dos “papeis de Panamá” coñecimos de máis de 11,5 millóns de documentos do bufete Panameño Mossack Fonseca, despacho especializado na xestión de capitais e patrimonios. Nestes documentos, que abranguen un lapso de 38 anos, recóllese un número avultado de persoeiros que ocultaron patrimonios a través de sociedades en paraísos fiscais. Un destes é Panamá, pero tamén hai outros centros investigados como as Illas Virxes, Seychelles, Samoa, Bahamas, Hong Kong, Costa Rica…
O xerme dos “centros financeiros offshore” atoparíase no romanticismo da piratería de Walter Raleigh ou Francis Drake, que escondían os seus botíns en lonxanas illas do pacífico; asemella que aqueles piratas, que espertaban certa simpatía no gran público, xa que combatían ao establishment , mutaron co tempo, transformáronse, e agora son, de xeito simultáneo, piratas e emperadores. E que hoxe día, parte importante dos botíns modernos, proceden do tráfico de drogas, do negocio do ladrillo, das comisións deportivas, do tráfico de armas ou da financiación de grupos terroristas, entre outros.
O golpismo financeiro xera un efecto esquizofrénico, onde un non chega a distinguir entre realidade e ficción, entre pirata ou emperador; a clase dirixente, o aparato político, sinala ás PEMES e autónomos como os grandes responsables da quebra do estado de benestar; curiosamente ningún destes apareceu relacionado nos papeis de Panamá, ningún destes ten “empresas pantalla” ou testaferros, nigún destes fai enxeñería contable… O xusto pago por disparar contra as maiorías tradúcese en portas xiratorias, en cargos en consellos de administración…
Algún dos referentes relacionados en ditos papeis xa convidaba á insubordinación fiscal: Vargas Llosa convertido en libertario, advertía que un Estado é máis inxusto cantos máis impostos se pagan; igual estaba tamén a transformarse en anarquista sen darse conta.
A conclusión é vella pero segue tan vixente como de costume: o debate non é pagar máis ou menos impostos, o quid radica en quen os paga; a cuestión non é homoxeneizar as políticas fiscais dos Estados soberanos, a tarefa primixenia estriba en acabar coa opacidade e impunidade delictiva. Termos como transparencia ou progresividade fiscal seguén a ser meras declaracións de intencións, simples brindis ao sol.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



