Cervo, 7 de abril de 2016.- Este domingo, día 10, celebrarase a sétima edición consecutiva da Ruta do Poldro, que organiza a asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo.
O concelleiro José Ramón Soto explicou que “esta nova edición xa se converte nunha cita habitual non só para os cabaleiros da nosa comarca senón que este acto atrae a numerosos participantes que se achegan dende varios puntos da nosa provincia e incluso de fóra; de feito o ano anterior contouse cunha participación de 115 cabaleiros, cantidade que se espera superar nesta edición”.
Ademais José Ramón Soto detallou que “o programa comezará ás 10 e media da mañá dende o polígono industrial de Cuíña para percorrer preto de 15 quilómetros a través dos lugares de Riocobo, Vila de Suso, Castelo, Gondrás, Lieiro, San Ciprián e volta ao polígono industrial, onde rematará cunha típica comida. Trátase dunha marcha non competitiva, na que o principal obxectivo é reunir ás persoas que viven esta actividade e poder compartir diversas experiencias entre eles. É unha xuntanza aberta a tódolos públicos na que se agasallará a todos os inscritos cun detalle recordo. As inscricións pódense realizar a través dos teléfonos 636.94.08.88 e 626.31.88.70 ata o día antes da celebración. Para asistir á comida o prezo por comensal é de 20 euros e non é necesario participar de xeito activo na marcha”.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



