Ribadeo, 8 de abril de 2016.- O vindeiro xoves, 14 de abril, no Cine Teatro terá lugar a gala Laretas da Igualdade. Será a partir das oito da tarde.
Desde a Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información ás Mulleres, desenvolveuse un programa formativo en materia de igualdade que se denomina #laretasdaigualdade nos centros de educación secundaria de Ribadeo, a través da posta en valor da aprendizaxe, da creatividade individual e grupal e da comunicación social.
Desde Igualdade e desde o CIM sinalan que “coas accións propostas no marco de #laretasdaigualdade promoveuse en diversos formatos a mensaxe da igualdade e da non violencia contra as mulleres. A gala Laretas da igualdade terá lugar o vindeiro xoves, 14 de abril, ás 20.00 horas no Teatro. No transcurso da gala poderemos ver o Decálogo de publicidade sexista que fixo o propio alumnado e ademais exporanse todos os traballos que se presentaron tanto ao concurso de carteis contra a violencia de xénero como ao concurso de anuncios non sexistas ou vídeo memes”.
Nesta mesma gala faranse entrega dos premios aos equipos gañadores á mellor curta segundo un xurado profesional e a mellor curta a nivel popular, por medio de votación nas redes sociais. Os premios son un vale de ACISA por valor de 250 euros e o segundo premio, un vale por importe de 150 euros.
E engaden que “ademais poderemos ver os diferentes carteis que se presentaron ao concurso de carteis contra a violencia de xénero e que serán a imaxe das IX xornadas de abordaxe integral da violencia de xénero desde o ámbito local, que terán lugar os días 22 e 23 de abril. Nesta categoría farase a entrega de tres premios: unha tablet de 7 pulgadas, uns auriculares inalámbricos con bluetooh e un pen drive”.
O CIM e a Concellaría de Igualdade convidan “a toda a cidadanía ribadense a participar nesta gala da publicidade non sexista onde poderemos ver os traballos feitos polo alumnado da ESO dos centros educativos do Concello”.
Autodefensa
E mañá, sábado, terá lugar o curso de autodefensa para mulleres, que organizan a Concellaría de Igualdade e o CIM, e que será impartido por Crysti Tojo, cinturón negro 3º Dan de Karate, cinturón negro 1º Dan de Goshin, Directora do Departamento de Arbitraxe da Federación Galega de Karate, Directora do Clube Deportivo Avalon Kai e por Mai Insua, Psicóloga e Terapeuta Sexual e de Parella especializada en xénero.
Será de 16.00 a 19.00 horas no ximnasio do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



