Foz, 14 de abril de 2016.- O alumnado de 4º de ESO do Martínez Otero escribiulles aos internos da Unidade terapéutica de Teixeiro unha carta con motivo do remate da actividade DI K NON, que concluiu coa visita do alumnado de 3º e 4º de ESO do Martínez Otero de Foz ao centro penitenciario de Teixeiro o día 13 de abril.
Creo que pode resumir perfectamente o que esta actividade supuxo para o noso alumnado.
“Queridos amigos do módulo da Unidade Terapéutica Educativa de Teixeiro:
Decidímonos a escribirvos esta carta para agradecer a vosa actividade no noso Colexio o pasado mércores día 6 de abril. Cremos que a vosa presenza, e o que nos transmitistes, axudounos a cambiar o noso punto de vista sobre algo tan perigoso como as drogas. Ademais, aprendemos que debemos valorar moito máis as pequenas cousiñas que temos no noso día a día e ás que non lles damos o verdadeiro valor que teñen, como o paseo pola praia do que unha de vós nos falou ou o agarimo da nosa familia. Non queremos ter que perdelo para valoralo como realmente se merece.
Outra cousa que nos chamou a atención é o valor, e a honestidade, que tivestes para falar diante de todos nós e explicar a vosa dura experiencia. Para nós sodes boa xente posto que unha persoa que é capaz de recoñecer os seus erros, facendo que outros non os cometan, é unha boa persoa, unha persoa solidaria.
Dentro de todo o serio que é o tema, do que falastes e falamos, fixéstesnos pasar un bo momento. A obra de teatro que representastes foi moi fermosa e daba moito para pensar. En realidade, resumía moi ben como as drogas che poden facer perder todo aquilo que che importa: a familia, os bos momentos da infancia ou algo tan importante como a propia vida.
Non queremos esquecernos de darvos as grazas polo voso agasallo. Valorámolo moito e non tiñades porqué. Tedes que saber que o temos pendurado na entrada do noso Colexio para que o poida ver todo o mundo que entre e ademais de contemplar o bonito que é, se pregunten e nos pregunten o que significou para nós.
Pensando en todo aquilo que vos poderiamos contar nesta carta veunos á cabeza o poema que ides ler unhas liñas máis adiante. Este poema é obra do poeta inglés William Ernest Henley e a Nelson Mandela serviulle como axuda, nos momentos máis duros, durante os vinte e sete anos que pasou en prisión. O poema é o que segue:
Na noite que me envolve,
negra, como un pozo insondable,
dou grazas ao Deus que for
pola miña alma inconquistable.
Nas gadoupas das circunstancias
non xemín, nin chorei
Ante as puñaladas do azar,
se ben sangrei, xamais me prostrei.
Máis aló deste lugar de ira e prantos
vixía a escuridade co seu horror.
Porén, a ameaza dos anos atópame,
e atoparame, sen temor.
Xa non importará o recto que teña sido o camiño,
nin cantos castigos leve ás costas:
Son o amo do meu destino, son o capitán da miña alma.
Agardamos que cando leades esta carta vos axude a levantar un pouco o ánimo e ver que fóra desas paredes hai unha nova oportunidade agardando por vós. Non vos rendades porque tedes moita xente a esperarvos e moitas cousas boas por vivir.
Sen máis, recibide un agarimoso saúdo en nome de todos nós.
Alumnos e alumnas de 4º da ESO.”





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



