Lourenzá, 15 de abril de 2016. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) e o Concello organizan un concurso infantil de postais para celebrar o Día da Nai co lema Unha postal para mamá. O prazo de presentación dos traballos na Biblioteca Municipal remata o día 25 deste mes.
Nas bases do certame explícase que “poderán participar tódolos nenos e nenas ata os 14 anos de idade; establécense dúas categorías: ata os 8 anos e de 9 a 14; a temática das postais fará alusión ao Día da Nai, pois consistirá nunha postal de felicitación por esa celebración; os traballos presentaranse como se fose unha postal (nun folio ou cartolina tamaño A4 dobrado pola metade), na parte de diante levará un debuxo, collage, …. e na parte interior poderá levar un poema ou unha dedicatoria. Na parte de atrás da postal irá o nome e apelidos do autor ou autora, a idade e un número de teléfono de contacto; a técnica para a realización do traballo é libre: debuxo a lapis, rotuladores, pinturas de cores, ceras, acuarela, collage, …”.
Tamén se indica que “o premio consistirá en dous vales de compra de 30 euros (un para cada categoría) para gastar nos comercios asociados da ACIAL de Lourenzá. Os traballos gañadores colgaranse na páxina da ACIAL xunto co nome do seu autor. O prazo límite de presentación das postais será o luns 25 de abril na Biblioteca Municipal. O xurado estará composto por 2 membros da área de Educación do Concello de Lourenzá, 2 representantes da directiva da ACIAL e 1 representante do CEIP Juan Rey, de Lourenzá. O fallo do xurado darase a coñecer o 1 de maio, día no que tamén se fará a entrega de premios. Os gañadores serán avisados por teléfono. Os traballos presentados poderanse ver no Concello de Lourenzá ata o día 9 de maio. A partir do día 13 dese mes os traballos non premiados poderán recollelos os seus autores na Biblioteca Municipal”.























A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.



