Neste día adicado pola ONU á Nai Terra, os/as ecoloxistas adoitamos lembar algunha das moitas débedas ecolóxicas que a sociedade ten co planeta. Mais para transcender a mera celebración puntual, ADEGA aposta tamén pola formación continua e a acción directa.
Este 22 de abril de 2016, Día da Nai Terra, vaise escenificar a sinatura dos acordos da COP21 de París, a cimeira climática que como o parto dos montes, resultou nun acordo ridículo.
Deixando á marxe os actos simbólicos, se agardamos a que as administracións, conectadas coas grandes corporacións con portas xiratorias, solucionen os problemas ambientais do planeta que elas mesmas contribuiron a criar, quer o cambio climático, ademais de inxenuos/as seremos irresponsábeis.
Dende ADEGA non esquecemos as reivindicacións propias deste día, desta volta adicado á importancia das árbores para loitar contra a mudanza climática, manter a biodiversidade e sustentar a moitas sociedades.
Mais non abonda con plantar máis árbores se por unha banda, non se reducen drásticamente as emisións e continúase a deforestar, e por outra, insístese en plantar sen criterio calquera especie co único obxecto de obter madeira barata a costa da riqueza dos ecosistemas e da fertilidade da terra.
Neste senso, a ONU advirte sobre a necesidade plantar as especies axeitadas nos lugares axeitados e con sistemas de aproveitamento agro-forestal solidarios e sustentábeis. Todo o contrario do que pretenden ENCE e os seus factotums políticos que teiman en perpetuar o seu modelo de negocio baseado no monocultivo do eucalipto. Parafraseando á ONU co lema do Día da Terra deste ano “Árbores para a Terra”, estas deben contribuir a millorar o ambiente e non a engordar os beneficios de empresas como ENCE que queren convertir o noso territorio un deserto verde a base de eucaliptos.
Finalmente, e como acreditamos que unha transformación ecolóxica da sociedade comeza polas propias accións, nesta fin de semana ADEGA vai desenvolver diversas actividades de formación e voluntariado.
O sábado 23, terán lugar na estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con as XXIII xornadas de formación do Proxecto Ríos, nas que o voluntariado poderá coñecer as especies de peixes exóticos dos nosos ríos e a metodoloxía para o mapeado participativo de especies exóticas e invasoras en Galiza.
E o domingo 24, no marco da inciiativa estatal “tecendo redes de custodia” traballaremos no mantemento das charcas e pozos de rega de Castieixas, para millorar a situación dos anfibios, nunha finca custodiada por ADEGA en pleno Macizo Central ourensán.























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



