O Burela Pescados Rubén mantén a súa serie racha triunfal tras vencer ao Ourense Enviália por 4-1 nunha gran segunda parte das burelistas comandadas por Peque. Co seu hat trick e liderado Peque marcou o camiño dunha remontada que permite ao conxunto de Lucas chegar á próxima xornada co obxectivo de asaltar o liderato na pista do Atlético Féminas Navalcarnero.
O derbi galego disputado en Vista Alegre comezou cun ritmo lento que beneficaba á escuadra visitante. O Ourense pechaba ben os espazos ante un Burela que controlaba a posesión pero sen atopar camiños na férrea defensa plantexada polas ourensanas. Co paso dos minutos a intensidade foi aumentando e o primeiro aviso serio chegou cun disparo de Peque que se marchou desviado por pouco, minuto 13. Instantes despois chegou a resposta ourensana pero Sara Moreno non logrou conectar un remate franco na frontal do área. Si acertou a xogadora ourensana no minuto 16 adiantando ao seu equipo ao marcar de falta directa. O 0-1 reforzou a moral visitante que mantivo o guión dun partido que se xogaba ao que prefería o Ourense Enviália. A 30 segundos do intermedio un barullo no área visitante a piques estivo de supoñer o empate local pero ao descanso chegouse co 0-1.
Na segunda parte a dinámica do choque variou sensiblemente. O Burela Pescados Rubén cambiou de marcha e invitou ao Ourense a xogar un partido máis aberto. No minuto 22, Peque empatou o partido (1-1) tras unha gran combinación con Maite. O inicio da remontada laranxa estaba en marcha cun Vista Alegre animado que empuxaba ao seu equipo cara á vitoria. O Burela Pescados Rubén mantivo a súa aposta por incrementar o ritmo dun partido que nada tiña que ver co visto no primeiro periodo e nesta dinámica as burelistas desenvolvíanse mellor. De novo apareceu a figura de Peque para remontar o marcador (2-1), minuto 28. O Ourense parecía quedar noqueado e o Burela aproveitou o seu momento; primeiro cunha xogada de Bea Mateos que a punto estivo de acabar en gol, o segundo envite foi de Claudia que Vane parou con seguridade e á terceira chegou a vencida. Bea Mateos marcou o 3-1 tras unha asistencia de Peque, minuto 36, e Vista Alegre celebrou o tanto con xúbilo. Acto seguido o Ourense apostou por xogar con porteira xogadora para intentar recortar distancias e inquietar a meta defendida por Jozi que entrou no inicio da segunda parte, reaparecendo trala súa lesión. O xogo de cinco ourensán non inquietou a un Burela Pescados Rubén seguro que rematou a faena co 4-1 conseguido por Peque desde o punto de penalti, minuto 38. A pena máxima foi cometida sobre Maite e Peque asinou un hat trick. En definitiva, merecida vitoria burelista que chegará a La Estación cunha racha imperial de trece triunfos consecutivos para asaltar o liderato.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Bea Mateos, Peque, Maite, Dany –cinco inicial- Claudia, Gaby, Ceci, Jozi.
Ourense Enviália: Vane, Chiqui, Bea Seijas, Sara Moreno, Andrea Carid –cinco inicial- Anita, Rosángela, Laura, Marta, Peke.
Goles: 0-1, m.16, Sara Moreno; 1-1, m.22, Peque; 3-1, m.36, Bea Mateos; 4-1, m.38, Peque (penalti).
Árbitros: Presedo García, Vilas Martínez. Cartón amarelo a Anita e Andrea Carid do Ourense Enviália.
Incidencias: Partido correspondente á 25ª xornada da Primeira División RFEF disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 600 espectadores.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
