CADERNOS DA VIAXE. A Academia Galega do Audiovisual entregou n´A Coruña os Premios Mestre Mateo. Unha gala marcada polo absoluto dominio d’“O descoñecido”(12 agasallos de 16 dominacións). Tamén pola axeitada visibilización dos técnicos que fan posíbel os nosos produtos audivisuais (rexedores, eletricistas, carpinteiros de rodaxe), que por primeira vez entregaron parte dos agasallos. E pola preocupación por acadar meirandes cotas de igualdade de xénero. Nin unha soa directora entre os catro nominados. Como para pensar e actuar.
Salientábel foi a ausencia do Goberno de Galicia e do partido que o mantén. Nin o Presidente, nin o Vicepresidente non un só Conselleiro. Tampouco foi o voceiro parlamentario do PP. Contrastaba esta ausencia coa presenza de todos os demáis partidos, nomeadamente dos da nova política. Se o PP quería amosar en público a súa despreocupación e desafección a respecto do futuro dun sector da importancia económica e cultural do audiovisual galego conseguiuno. Mensaxe recebida, Monte Pío.
A actual desafección da Administración galega contrasta co consenso político existente dende 1999 ao 2009, co desenvolvemento dunha Lei Audiovisual aprobada por unanimidade no noso Parlamento. Xa que logo, acadouse un nível moi bó en canto a cantidade e calidade de técnicos, actores ou directores. Por desgraza, a industria audiovisual galega non é quén de reter este grande talento e moitas tiveron que emigrar. As series españolas están inzadas de actores e actoras de reparto galegos. Outros moitos en desemprego ou subempregados. As condicións de traballo en canto salarios, descansos, xornada, etc. son sinxelamente inaceptábeis.
Foi precisamente a unidade do sector o eixo do discurso do Presidente da Academia, Carlos Ares, que tamén incidiu na necesidade de que o público galego lle esixa máis ao seu audiovisual. A presentadora da TVG, Marga Pazos, por outra banda, insistiu en considerar indisolúbel o audiovisual galego da nosa lingua. O rol da TVG é indisociábel do uso do galego nos nosos produtos audiovisuais. Despois, podemos falar de nos abrir ás dobraxes, de captar rodaxes foráneas a medio dunha boa Film Commision e doutras medidas potentes para relanzar o sector.
Urxe, en calquera caso, unha fonda remuda da política de desafección que Feijóo implantou hai sete anos cara o noso audiovisual.
Antón Pérez-Lema


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



