O Vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga Outeiro e a Deputada de Medio Ambiente do Grupo Provincial Socialista, Sonsoles López Izquierdo, presentaron este luns as propostas que o equipo de Goberno da Deputación presenta ao Pleno deste martes. Veiga Outeiro anunciou que presenta o Plan Provincial de Cooperación ás obras e servicios de competencia municipal para o que hai destinado unha partida de 4,481.983 euros, co que se cuadriplica a asignación para este Plan con respecto a anos anteriores. Os investimentos aos que vai destinado esta partida son “para servicios básicos e a rede viaria provincial”. A partida para obras de competencia municipal é de 3.681.983 euros e para a rede viaria provincial é de 800.000 euros. O Vicepresidente advertiu “que a oposición pedía duplicar este orzamentos, pero o compromiso deste equipo de Goberno é a de cuadriplicar esta cuantía con respecto ao outros ano”, insistiu.
Os Concellos que desexen concorrer a este Plan deben solicitar axudas para obras de competencia municipal, e teñen que figurar como obra de déficit, na enquisa de infraestruturas equipamentos locais que realiza a propia Deputación. A cantidade mínima que se destina a cada concello son 30.000 euros, dos cales a Deputación pon o 75% e o Concellos o 25%.
Veiga lembrou ademais que con estas cifras incrementase a porcentaxe que inviste a Deputación e denunciou que o Goberno do Estado “deixou de facer a aportación ás Deputacións para este Plan de Obras e Servizos. Rajoy deixou unha vez máis tirados aos Gobernos da provincia de Lugo que son os mais necesitados, debido a súa dispersión poboacional e o avellentamento”, remarcou.
Máis recursos para os Concellos
O Vicepresidente, presentou a moción do equipo de Goberno, na que demandan mais recursos para os Concellos galegos. Remarca que é necesaria unha reforma do actual modelo de financiamento local para que se recoñezan as nosas características e necesidades, proporcionar mais recursos aos concellos e que se transfira á Xunta a contía correspondente á PIE (Participación Ingresos do Estado), para favorecer un reparto destes fondos máis realista.
Veiga Outeiro reclamou que se adopten os criterios de dispersión e avellentamento da poboación para o reparto da Participación nos Ingresos do Estado (PIE) por tratarse de factores que repercuten de xeito determinante sobre o custo de servizos que prestan os Concellos galegos. Dende o organismo provincial solicitan transferir á Xunta de Galicia a contía correspondente á PIE para que sexa a administración galega a que realice o reparto deses fondos entre os concellos.
Esperar 6 meses por un Informe
Sonsoles López anunciou que o Goberno da Deputación presenta unha proposta para axilizar a tramitación administrativa de licenzas en Rede Natura 2000 e no ámbito de protección dos Camiños de Santiago.
López Izquierdo advertiu “que o tempo media de espera dos Informes do Comité do Camiño de Santiago é de seis meses no caso de obras menores, e os da Rede Natura 2000 a espera é de tres meses”. Por iso sinalou “que estas trabas administrativas poden poñer en perigo o despegue da economía local no relativo ao comercio relacionado co Camiño de Santiago, e mesmo a perdida de axudas económicas da propia administración”.
O Deputada socialista demandou axilidade na tramitación de obras menores nos Concellos, mediante unha orde que regule estas actuacións de escasa entidade construtiva co fin de que non precise autorización do Comité Asesor do Camiño de Santiago e reduzan, así os tempos de tramitación para o resto de expedientes.
O Goberno provincial da Deputación de Lugo solicita que a Consellería de Medio Ambiente regule determinadas intervencións sen impacto ambiental e acordes co Plan Director da Rede Natura 2000, de xeito que non precisen de autorización autonómica previa, permitindo así que axilice a tramitación do resto de expediente de obras maiores.
Ademais, demandan que se marque un prazo máximo para que calquera intervención sectorial no territorio, vía informe ou autorización para que se emitan nun prazo máximo transcorrido o cal se entendera concedido por silencio administrativo.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



