Mondoñedo, 26 de abril de 2016.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo convoca o I Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas ‘Florea o teu balcón’. O certame, cuxa inscrición estará aberta entre o 30 de abril e o venres 20 de maio, foi dado a coñecer hoxe pola alcaldesa, a popular Elena Candia, e o concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández.
Ambos explican que o que se pretende é a posta en valor dos balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade, “porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha moi importante contribución cidadá á mellora estética do noso casco urbano, que cobra importancia especialmente coa chegada da primavera e verán”, engaden.
A quen se dirixe
No certame poderán participar todos aqueles particulares que dispoñan de balcóns ou ventás que reúnan as condicións mínimas necesarias para ser decorados ornamentalmente con flores e plantas. O alcance do concurso será o casco urbano da cidade de Mondoñedo, incluíndo casco histórico e os barrios tradicionais de Os Muíños e San Lázaro. Poderán inscribirse nas datas arriba sinaladas no portelo de atención ao público da Casa do Concello de Mondoñedo. Deberá indicar o nome, apelidos e DNI do participante, xunto ao enderezo dos balcóns participantes.
O xurado realizará visitas periódicas nos meses de maio, xuño e xullo e valorará, entre outros aspectos:
– O estado de conservación e mantemento semanal dos balcóns.
– A orixinalidade na ornamentación.
– A variedade e calidade florística.
– A innovación de especies e a colocación de elementos accesorios tales coma xardineiras, colgantes, etc.
Composición do xurado
O xurado cualificador estará integrado por representantes de cinco asociacións de Mondoñedo elixidas a sorteo, un representante da ACIAM, dous profesionais do sector da xardinería e un representante de cada centro educativo do municipio. O resultado do concurso farase público a segunda quincena do mes de xullo, mentres que os premios se entregarán en agosto.
O Concello de Mondoñedo establece tres premios. Un primeiro dotado con 200 euros; un segundo de 150 euros e un terceiro por importe de 100 euros. Todos eles levarán un diploma acreditativo para colocar no balcón galardoado.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



