Bruxelas, 26 de abril de 2016.- A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, participou na mañá deste martes na presentación das conclusións dun informe sobre dereitos humanos realizado no País Vasco. Dito documento foi elaborado a partir das informacións e testemuñas obtidas por unha delegación do Parlamento Europeo integrada por sete eurodeputadas/os pertencentes a tres grupos políticos distintos -entre as que se atopaba a propia Lídia Senra-, que se desprazaron a Euskal Herria (EH) no mes de febreiro.
A recollida de información levada adiante por esta delegación parlamentaria respostou a catro cuestións de interese principal para as eurodeputadas/os: a aplicación de políticas de dispersión, a atención ineficiente a persoas presas gravemente enfermas, as restricións á aplicación da liberdade condicional en Francia e o incumprimento da Decisión marco 2008/675 / JAI do Consello (24 de xullo de 2008).
As conclusións deste informe, indicou Senra, “articúlase en torno á premisa de que respectar os dereitos humanos das presas/os políticas/os vascas/ non e contrario ao respecto dos dereitos humanos das vítimas de ETA”, un punto de partida que semella sinxelo, mais que “á vista das informacións que obtivemos durante as entrevistas mantidas en febreiro, a día de hoxe inda segue sendo necesario reivindicar que os dereitos humanos son universais e que deben ser garantidos en tódolos casos”.
Por outra banda, proseguiu, “sabemos por outras experiencias, como por exemplo a irlandesa, que tiven a posibilidade de coñecela de perto o ano pasado, que os presos e presas son sempre unha parte imprescindíbel na resolución deste tipo de conflitos; se non se quere pechar en falso, precísase a implicación de tódalas partes”, polo que inda resulta máis importante “avanzar en vías que poderían ir dando pasos adiante nesta situación, como sería o achegamento das persoas presas”.
Tras a presentación deste informe, e no marco da conmemoración do X aniversario do Grupo de Amizade co País Vasco no Parlamento Europeo, o líder da esquerda abertzale Arnaldo Otegi, impulsou o relanzamento do manifesto internacional Freedom for Arnaldo Otegi. Bring Basque Prisoners Home.
Antes de dar inicio a esta presentación, tivo lugar un minuto de silencio para lembrar o 79 aniversario do bombardeo de Gernika, unha emotiva lembranza realizada por todas as persoas asistentes ao evento e que “é tamén para lembrar a todas as vítimas do conflito vasco”, sinalou Otegi antes de comezar a súa intervención.
Xuntanza con eurodeputadas
A eurodeputada galega, xunto ca Presidenta do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Gabi Zimmer, e a eurodeputada sueca Malin Björk, integrantes todas elas do Grupo de Amizade co País Vasco, mantiveron posteriormente unha xuntanza Arnaldo Otegi.
Durante este encontro as deputadas compartiron co político vasco as impresións xurdidas da súa viaxe a Euskal Herria, poñendo sobre a mesa tamén “a sorpresa de que a impresión maioritaria fora que dende o abandono das armas o proceso de paz está en certa maneira estancado, en lugar de apoiarse neste contexto para avanzar”, expuxo a eurodeputada de AGEe.
O líder abertzale fixo fincapé nas dificultades que están a atopar no proceso, pero recalcou que “a paz é unha opción que non ten estratexia alternativa” e reivindicou “a importancia das respostas colectivas para poder gañar as batallas”.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



